A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde da Veiga

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde da Veiga, Juan Anta.

No encontro mantido esta tarde en San Caetano, ao que tamén asistiu a directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández León, abordáronse diferentes actuacións en materia de vivenda e infraestruturas, de interese para este municipio.

A reunión enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo o departamento que dirixe María M. Allegue cos concellos, prestándolles apoio para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.