A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde da Merca
Ourense, 21 de xaneiro de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe na sede da Delegación Territorial da Xunta en Ourense unha reunión de traballo co alcalde da Merca, Manuel Garrido.
Na xuntanza, á que tamén asistiu a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en Ourense, Pilar Fernández León, a conselleira e o alcalde abordaron actuacións de interese para este concello, de xeito especial en materia de vivenda e urbanismo.
O Goberno galego continúa prestando a súa colaboración aos concellos para impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica, fixando tamén poboación no rural.