A conselleira María M. Allegue preside unha nova reunión do Consello de Administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, presidiu esta mañá unha nova reunión do Consello de Administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal). Ao encontro, que tivo lugar na sede do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), tamén asistiu o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto.

O Goberno galego segue a traballar a pleno rendemento no reto de duplicar o parque público residencial de Galicia, ata chegar ás 8.000 vivendas. Na actualidade, a Xunta está impulsando preto de 3.000 fogares en distintas fases de execución, 900 xa en obras, e no vindeiro 2026 poranse en marcha 1.000 máis.