A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Láncara
Lugo, 9 de outubro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde de Láncara, Darío Antonio Piñeiro López.
Na xuntanza, que tivo lugar na sede da Delegación Territorial da Xunta en Lugo á que asistiu tamén o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o director territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Marco Antonio Fernández Piñeiro, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio.
O departamento que dirixe María M. Allegue continúa prestando a súa colaboración aos concellos para impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.