A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde da Illa de Arousa

Pontevedra, 11 de xullo de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde da Illa de Arousa, Luis Arosa.

Na xuntanza, que tivo lugar na Delegación da Xunta en Pontevedra e á que asistiu tamén o director territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, José Manuel González, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas e seguridade viaria, de interese para este municipio.

O Goberno galego continúa prestando a súa colaboración aos concellos para impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.