A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión co alcalde de Carballeda de Avia
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia Méndez, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense.
Nesta xuntanza, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións de interese para este concello ourensán, de xeito especial en materia de vivenda.
María M. Allegue fixo fincapé na importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan ao obxectivo común de mellorar a calidade de vida da veciñanza.