A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Xermade

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, vén de manter un encontro de traballo co alcalde de Xermade, Roberto García.

Nesta reunión mantida en Santiago, á que tamén asistiu o director territorial da Consellería en Lugo, Marco Antonio Piñeiro, trataron a nova liña de axudas da Xunta para rehabilitación de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes. Ademais abordáronse actuacións en materia de estradas.

O departamento que dirixe María M. Allegue continúa colaborando cos concellos para impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.