A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Vilaboa

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde en San Caetano unha reunión de traballo co alcalde de Vilaboa, César Poza.

Na reunión, á que tamén asistiu o director territorial da Consellería en Pontevedra, José Manuel González, abordaron proxectos de interese para o municipio, especialmente no ámbito das infraestruturas.

Allegue salientou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns.