A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de San Xoán de Río

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde do concello ourensán de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua.

Na reunión, á que tamén asistiu a directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández León, a conselleira e o rexedor abordaron posibles vías de colaboración, no marco da aposta da Xunta para cooperar cos pequenos concellos con actuacións para fixar poboación e mellorar a calidade de vida da veciñanza.