Escoitar
A conselleira María M. Allegue mantén un encontro co director da Escola de Enxeñaría de Camiños da Iniversidade da Coruña
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e a directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, mantivo un encontro co director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, Luis Ramírez Palacios.
Durante o encontro, mantido esta tarde en San Caetano, abordáronse cuestións relacionadas coa formación e a colaboración entre a Administración autonómica e o ámbito universitario, nomeadamente no eido da enxeñaría civil e das infraestruturas.
Este encontro enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo a Xunta coas distintas institucións que se ocupan de concibir, deseñar, construír e xestionar as infraestruturas necesarias para o desenvolvemento da sociedade.