A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén unha reunión co alcalde do Pino
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo este mediodía no despacho da conselleira en San Caetano unha reunión de traballo co alcalde do Pino, Manuel Taboada.
Martínez Allegue cualificou este encontro de "cordial", e permitiu abordar posibles actuacións en materia de urbanismo neste municipio coruñés.
A conselleira e o rexedor coincidiron na importancia da colaboración entre administracións para impulsar os proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e a reforzar a competitividade do municipio.