A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén unha reunión co alcalde de Outes

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo co alcalde de Outes, Francisco Calo.

Neste encontro, celebrado en San Caetano, tamén participou a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire. 

Na reunión abordáronse actuacións de interese para este concello coruñés en materia de infraestruturas e urbanismo. 

María M. Allegue puxo en valor a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan ao obxectivo común de mellorar a calidade de vida da veciñanza.