A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén un encontro de traballo coa alcaldesa de Ponteareas

Santiago de Compostela, 29 de abril 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo coa alcaldesa da Ponteareas, Nava Castro.

M. Allegue e a rexedora abordaron actuacións en materia de vivenda e infraestruturas, de interese para este municipio pontevedrés.

A conselleira e a alcaldesa coincidiron na importancia da colaboración entre administracións para impulsar proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a fixar poboación no rural.