A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén un encontro de traballo coa alcaldesa de Guitiriz

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo coa alcaldesa de Guitiriz, María Sol Morandeira.

Nesta xuntanza, que tivo lugar en San Caetano, a conselleira e a alcaldesa abordaron actuacións no ámbito das infraestruturas e da vivenda, de interese para este municipio lucense.

M. Allegue subliñou o compromiso do Goberno galego para colaborar cos concellos e impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica, fixando tamén poboación no rural.