A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén un encontro de traballo co alcalde de Valga
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Valga, José María Bello Maneiro.
Nesta reunión, que tivo lugar esta tarde en San Caetano, a conselleira e o alcalde abordaron actuacións en materia de urbanismo e infraestruturas, de interese para este municipio.
Allegue subliñou a aposta da Administración autonómica pola colaboración cos concellos para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.