A conselleira Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Xunqueira de Espadanedo

Ourense, 13 de agosto de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, mantivo hoxe na sede da delegación territorial da Xunta en Ourense unha reunión de traballo co alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Pablo Graña Rodríguez.

Neste encontro, no que tamén estiveron presentes o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e a directora territorial da Consellería, Pilar Fernández, a conselleira informou ao rexedor dos programas autonómicos de axudas para rehabilitación de vivendas, entre outros asuntos de interese.

A Xunta segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.