Escoitar
A conselleira Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Vilamarín
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, mantivo esta mañá en San Caetano unha reunión de traballo co alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez Vázquez.
No encontro, no que tamén estivo a directora territorial da Xunta en Ourense, Pilar Fernández León, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de urbanismo, de interese para este municipio.
A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas reiterou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns.