Escoitar
A conselleira Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Valga
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Valga, José María Bello Maneiro.
Neste encontro, que tivo lugar en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de urbanismo, de interese para este municipio pontevedrés.
A Xunta segue prestando apoio aos concellos para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.