Belén do Campo entrega as chaves de catro viviendas de promoción pública na cidade da Coruña

A delegada lembrou que a Xunta xa está a traballar para acadar o obxectivo de duplicar o parque público residencial ata chegar ás 8.000 vivendas nesta lexislatura

A Coruña, 21 de xullo de 2026

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, entregou hoxe as chaves de 4 vivendas de promoción pública, en réxime de alugueiro no concello de A Coruña. En concreto na rúa Ribeira Sacra, no barrio de Novo Mesoiro.

Trátanse de catro vivendas de promoción pública, en segundas adjudicacións que quedaron vacantes e que o Instituto Galego de Vivenda e Solo rehabilitou para poñer de novo a dispor de demandantes de vivenda.

Tres das vivendas contan con tres dormitorios cunha superficie de 82,42 metros cadrados e a cuarta vivenda ten catro dormitorios e unha superficie de 87,5  metros cadrados ¡. As catro vivendas adxudicadas dispoñen de praza de garaxe e de rocho.

As vivendas foron adxudicadas mediante sorteo entre a lista de demandantes de vivenda protexida nesta cidade. 

Belén do Campo explicou que unha das prioridades do Goberno galego “é facilitar o acceso á vivenda aos galegos”, mediante os programas de axudas para a adquisición dun inmoble, ou en réxime de alugueiro, grazas aos inmobles do parque público da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

A delegada destacou que o Executivo autonómico aprobou a Estratexia do impulso da vivenda protexida en Galicia, que contempla medidas para duplicar o parque público residencial e garantir o acceso de máis familias. Entre as principais novidades, figura a ampliación do límite máximo de ingresos para acceder a este recurso, chegando o umbral máximo ata catro veces o IPREM e 4,5 no caso de familias numerosas.

As persoas interesadas en optar a futuras adxudicacións deben estar inscritas no Rexistro Único de Demandantes, trámite que poden realizar en calquera momento tanto de xeito presencial como a través da sede electrónica da Xunta. As listaxes de candidatos determínanse mediante un sorteo ante notario entre todas as persoas inscritas.

A delegada da Xunta lembrou que a Xunta xa está a traballar para acadar o obxectivo de duplicar o parque público residencial ata chegar ás 8.000 vivendas en 2028. Belén do Campo lembrou que a consecución desta cifra é un “compromiso” de cara ao remate desta lexislatura. 

A representante do Goberno autonómico defendeu como un “dereito fundamental” o acceso á vivenda. Por iso, incidiu na importancia de construír nova vivenda e tamén de apostar pola rehabilitación, especialmente nos cascos históricos, tanto a través da promoción directa desde a Administración, como coa colaboración pública-privada.