Belén do Campo e Martina Aneiros asisten á xornada “A construción: clave para o desenvolvemento de Galicia” organizada por Apecco
A Coruña, 24 de abril de 2025
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiron á terceira xornada dentro do ciclo “A construción: clave para o desenvolvemento de Galicia” organizada por Apecco. O acto contou coa intervención do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela e da alcaldesa da Coruña, Inés Rey.