Ana Ortiz destaca o “excelente grao de execución” da construción de vivenda pública en Vigo con 134 M€ e preto de 1.000 pisos en marcha

A delegada territorial da Xunta fixo balance das actuacións que está levando o Goberno galego na cidade así como dos obxectivos para este ano 2026

“A administración autonómica é a única que leva a cabo as grandes infraestruturas da cidade e o investimento sería maior se non bloqueasen actuacións”

Vigo, 9 de febreiro de 2026

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Ana Ortiz, fixo balance este luns das actuacións que está levando cabo o Goberno galego na cidade, así como dos obxectivos para este 2026 que acaba de comezar. No seu encontro tradicional de principios de ano cos medios de comunicación, a representante autonómica remarcou o “excelente grado de execución” da contrucción de vivienda pública na cidade, e en especial na ampliación do PAU de Navia.

“Esta é a realidade a 9 de febreiro de 2026: 920 vivendas da Xunta en marcha en Vigo por cero, ningunha, vivenda do Concello en marcha en Vigo”, sinalou tras detallar o avance da Consellería de Vivenda e Infraestruturas durante os últimos meses. Así, apuntou que xa hai 134 millóns en execución (15,6 de fondos europeos) do total de 248 millóns comprometidos para Navia. 

Ortiz explicou que no Polígono 1 actualmente hai 352 vivendas en marcha (dez bloques en obras e un bloque licitado), mentres que no Polígono 2 son 567 as vivendas en marcha (urbanización iniciada e doce parcelas con redacción de proxecto adxudicado). Ademais, o Polígono 3, que “coserá os barrios de Coia e Navia”, o proxecto xa está remitido ao Concello para aprobación.

Tamén informou a delegada territorial sobre o marchas do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e de Ramón Nieto, de forma que o primero ten xa visto bo ambiental para a redacción definitiva e aprobación provisional cun total de 2.300 viviendas e no segundo caso está adxudicado o proxecto con outras 1.400 viviendas. Ademais, destacou que o Consorcio Casco Vello, que rehabilitará este ano tres inmobles máis nas rúas Real e Berbés, xa recuperou 90 edificios para dotar a cidade con 140 viviendas.

Boicot permanente

“A administración autonómica é a única que constrúe vivenda e tamén a única que leva a cabo grandes infraestruturas na nosa cidade, que podrían ser moitas máis se non tivésemos o boicot permanente”, apuntou en referencia a iniciativas como o Centro de Asociacionismo (20 millóns) ou aos investimentos na ETEA (10,5 millóns), o túnel de Elduayen (1,5 millónes) ou as pistas de atletismo de Balaídos (0,5 millóns).

Pola contra, destacou a finalización e inmediata apertura do CIS Olimpia-Valencia (17 millóns), o inicio de obra do IES Domingo Villar de Navia (10,9 millóns), a recuperación do Teatro Cine Fraga (10,5 millóns), ou a urbanización do PS6 da ETEA (4,8 millóns). Tamén mencionou a próxima licitación da senda entre Vigo e A Ramallosa (5,5 millóns), da reforma da Gota de Leite (2 millóns) e o CIFP Valentín Paz Andrade (1,4 millóns).