VI501A - Subvencións para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia

Adquisición de vivenda
-

Xestión de axudas á adquisición de vivendas comprendida nalgunha das seguintes modalidades:

  1. Vivendas localizadas nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.

  2. Vivendas situadas no ámbito dun centro histórico dos citados no anexo da Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se determinan os centros históricos, para os efectos das deducións previstas nos números 14 do artigo 5, e 6 e 7 do artigo 13 ter do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo (DOG núm. 51, do 13 de marzo de 2018).

  3. Vivendas cualificadas definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral ou especial na data de publicación da correspondente convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 27 de xaneiro de 2025 ata o 15 de outubro de 2025.

Máis información

 

Programa de axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia (VI501A)

OBXECTIVO

As axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia, que comprende as seguintes tres modalidades:

Modalidade A: Adquisición de vivendas localizadas nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.

Modalidade B: Adquisición de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico.

Modalidade C: Adquisición de vivendas cualificadas definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral ou especial.

Prazo de presentación das solicitudes

Dende o 27/01/2025 ata o 15/10/2025.

Forma de presentación das solicitudes

Presencialmente ou electrónicamente.

Información

  • SERVIZOS CENTRAIS IGVS........................981541981-981541982-981957529
  • DIRECCIÓN TÉCNICA DE FOMENTO ............981957887 - 981957838

Consultas

planificacion.igvs [at] xunta.gal (planificacion[dot]igvs[at]xunta[dot]gal)

MODALIDADE A

Requisitos dos solicitantes

  • Persoas físicas maiores de idade, adquirentes dunha vivenda por contrato privado ou escritura pública.
  • Menores de 36 anos na data da solicitude ou na da compra (se é anterior á publicación da convocatoria).
  • Nacionalidade española, dun Estado membro da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo, Suiza (no caso de estranxeiros: autorización de estancia ou residencia en España).
  • Estar empadroadas na vivenda (o solicitante e a súa unidade de convivencia), no caso de que a escritura pública fose anterior á presentación da solicitude.
  • Non ser propietario nin usufrutuario dalgunha vivenda en España (o solicitante e a unidade de convivencia). Hai excepcións.

Ingresos anuais UC

(Cálculo segundo datos fiscais de 2022)

Iguais ou inferiores a 3 veces IPREM 2024 (25.200€) (1)

Iguais ou inferiores a 4 veces IPREM 2024 (33.600 €)

Existan persoas con discapacidade distintas das indicadas no recadro seguinte.

Iguais ou inferiores a 5 veces IPREM 2024 (42.000€)

-Persoas con parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento igual ou superior ao 33%

-Discapacidade física ou sensorial igual ou superior ao 33%

Requisitos das vivendas adquiridas

  • Adquiridas con posterioridade ao 31 de outubro de 2024 ou aquelas que presentasen unha solicitude ao abeiro da convocatoria de 2024 e fose denegada por esgotamento do crédito.
  • Situadas en concellos de Galicia cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes.
  • Que o seu prezo de adquisición sexa igual ou inferior a 120.000 € (inclúe anexos e exclúe gastos e tributos de adquisición).
  • Vivenda xa construída (tanto nova como usada).

Importe subvención

  • Propietario único: Ata 10.800 € por vivenda, co límite do 20% do prezo de venda sen incluír gastos e tributos de adquisición.
  • Copropiedade: a parte proporcional en función da súa porcentaxe de participación. Se todos os copropietarios cumpren os requisitos: unha solicitude por copropietario.

MODALIDADE B

Requisitos dos solicitantes

  • Persoas físicas maiores de idade.
  • Nacionalidade española, dun Estado membro da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo, Suiza ou parentesco determinado pola normativa de aplicación (no caso de estranxeiros non comunitarios: autorización de estancia ou residencia en España).
  • Ingresos anuais da unidade de convivencia iguais ou inferiores a 6,5 veces IPREM 2024 (1)
  • Non ser propietario nin usufrutuario dalgunha vivenda en España (o solicitante e a UC). Hai excepcións.

Requisitos das vivendas adquiridas

  • Adquiridas con posterioridade ao 31 de outubro de 2024 mediante contrato privado ou escritura pública de compravenda.
  • Situadas en centros históricos enunciados no anexo da Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 51, do 13 de marzo de 2018).

    Prezo das vivendas (excluídos gastos e tributos)

    Vivendas situadas nos concellos A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo (2)

    Vivenda: 229.920 €

    Vivenda e garaxe: 248.313,60 €

    Vivenda e rocho: 234.518,40 €

    Vivenda, garaxe e rocho: 252.912 €

    Vivendas situadas nos restantes concellos (3)

    Vivenda: 197.280 €

    Vivenda e garaxe: 213.062,40 €

    Vivenda e rocho: 201.225,60 €

    Vivenda, garaxe e rocho: 217.008 €

  •  Vivenda xa construída: novas, usadas e as que vaian ser obxecto de rehabilitación.

Importe subvención

Límite do 20% do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes

  • Vivendas non situadas nunha Área Rexurbe.
    • Vivendas adquiridas por menores de 36 anos: Ata 12.800 € por vivenda.
    • Vivendas adquiridas por maiores ou igual a 36 anos: Ata 10.800 € por vivenda.
  • Vivendas situadas nunha Área Rexurbe declarada:
    • 15.000 € por vivenda independentemente da idade.

(1) IPREM 2024 = 8.400 €

(2) Non pode superar o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado nos municipios de prezo máximo superior (1.916 €), computando unha superficie útil de 120m2 e sen íncluir os gastos e tributos inherentes a dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8% no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2% no suposto de dispoñer de rocho.

(3) Non pode superar o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado situadas na zona I do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia (1.644 €), computando unha superficie útil de 120m2, e sen incluír os gastos e tributos inherentes a dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8% no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2% no suposto de dispoñer de rocho.

MODALIDADE C

Requisitos dos solicitantes

  • Persoas físicas maiores de idade.
  • Nacionalidade española, dun Estado membro da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo, Suiza ou parentesco determinado pola normativa de aplicación (no caso de estranxeiros non comunitarios: autorización de estancia ou residencia en España).

Requisitos vivendas adquiridas

  • Vivendas de protección autonómica de réxime xeral ou especial.
  • Que conten con resolución de cualificación definitiva na data de publicación da correspondente convocatoria.
  • Adquiridas con posterioridade ao 31 de outubro de 2024.

Importe subvención

Límite do 20% do prezo de venda, sen incluír os gatos e tributos inherentes

 Vivendas situadas na Coruña, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo  Menores de 36 anos  Ata 20.000 €
 Maiores ou igual a 36 anos  Ata 16.000 €
 Vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia Menores de 36 anos  Ata 16.000 €
Maiores ou igual a 36 anos  Ata 12.000 €

 

Normativas relacionadas

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2025 pola que se amplía a dotación orzamentaria da modalidade A da Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (código de procedemento VI501A).RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025 pola que se amplía a dotación orzamentaria das modalidades B e C da Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (código de procedemento VI501A).RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidad Autónoma de Galicia e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento VI501A).

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (código de procedemento VI501A

Real decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Alugueiro Mocidade e o Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 . 

Resolución do 1 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2022. (código de procedemento VI435A). 

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022 pola que se procede á convocatoria das axudas para a adquisición de vivenda en concellos con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 para o ano 2023 (código de procedemento VI435A). 

EXTRACTO da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se procede á convocatoria das axudas para a adquisición de vivenda en concellos con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 para o ano 2023 (código de procedemento VI435A).

Documentos relacionados

Cadro resumo da axuda

Ligazóns relacionados

Ligazón a Sede elctrónica da Xunta de Galicia - Procemento Vi435A

DOG número 31, do 13 de febreiro de 2024. Resolución do 12 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (Código de procedemento VI501A).