Programa fogar vivo (VI426F e VI426H)

Rehabilitación
-

Os datos desta ficha son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.

Obxecto e seccións do programa
  1. OBXECTO DO PROGRAMA:

    Incentivar a incorporación de vivendas ao mercado de alugamento a través dunha renda accesible.

  2. SECCIÓNS DO PROGRAMA:

    • Sección I, xestionada polo IGVS. As axudas solicitaranse directamente ao IGVS.

    • Sección II, xestionada a través de concellos que obteñan a condición de entidade colaboradora. Para solicitar as axudas as vivendas deberán estar previamente incorporadas ao correspondente programa municipal.

    Regra xeral: As vivendas poderán incorporarse a calquera das seccións.

    Excepción: vivendas das entidades de crédito e as súas filiais inmobiliarias, así como ás entidades de xestión de activos, que so poderán incorporalas ao Programa a través da sección II.

Persoas solicitantes
  1. As persoas físicas que sexan propietarias ou usufrutuarias das vivendas.

  2. As persoas xurídicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas, incluíndo as empresas privadas que teñan no seu obxecto social a promoción de vivendas de nova construción ou procedentes da rehabilitación.

A obtención de calquera das axudas que se regulan nesta resolución determinará automaticamente a vinculación da correspondente vivenda ás obrigas derivadas do Programa durante un período mínimo de cinco ou sete anos, en función de que a persoa propietaria ou usufrutuaria sexa unha persoa física ou xurídica.

Axudas do programa
  1. Axuda para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impago de rendas e/ou seguros de multirrisco de fogar.

  2. Axuda para a adecuación e reparación da vivenda.

  3. Axuda vinculada á obtención da axuda para adecuación e reparación, para o caso de que a vivenda se alugue a menores de 36 anos ou con fillo/as menores de idade ou con persoas dependentes ao seu cargo con algún grado de discapacidade recoñecida.

Contía das axudas
  1. Límite: 16.000 euros por vivenda.

  2. Distribución:

    • As axudas para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impago de rendas e/ou seguros de multirrisco de fogar: ata 3.000 euros desagregados en importes anuais de ata 600 euros, no caso de que a persoa arrendadora sexa unha persoa física, ou de ata 428 euros, no caso de que sexa unha persoa xurídica.

    • Axuda para a adecuación e reparación da vivenda.

      • Axuda base de ata 5.000 euros: a subvención será do 80% do gasto xustificado, con independencia do número de actuacións que se realicen, ata un investimento de 6.250 euros.

      • Axuda complementaria de ata 6.000 euros, a razón 2.000 euros por cada 10.000 euros de investimento adicional a partires do investimento de 6.250 euros, ou a parte proporcional, en función do investimento realizado e dos gastos xustificados.

    • Axuda vinculada: 2.000 euros.

Actuacións subvencionables para a adecuación e reparación da vivenda
  • Obras de conservación e mantemento.

  • Obras de rehabilitación precisas para garantir a habitabilidade da vivenda, así como as obras necesarias para o correcto funcionamento das súas instalacións e/ou para a súa adaptación á normativa vixente.

  • Axustes na distribución interior da vivenda.

  • Adquisición e colocación de mobiliario de cociña, así como dos seguintes electrodomésticos: neveira, cociña, forno, microondas, lavavaixelas e campá extractora.

  • Cambio de sanitarios, lavadoras, bañeira e anteparos.

Requisitos das vivendas
  1. Estar situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

  2.  Ser de titularidade privada e non estar suxeitas a ningún réxime de protección pública.

  3. Reunir as condicións adecuadas de habitabilidade e mantemento no momento de ofrecerse en alugamento.

  4. Estar vinculada o Programa durante un período mínimo de cinco anos cando a persoa propietaria ou usufrutuaria sexa unha persoa física ou sete anos, cando a persoa propietaria ou usufrutuaria sexa unha persoa xurídica.

  5. Non ter sido arrendadas durante os tres meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da/s axudas/s. Este requisito poderá exceptuarse:

    • Vivendas incorporadas na sección II (concellos colaboradores): cando por emerxencia social valorada servizos municipais, a vivenda xa estivera adxudicada a/s persoa/s arrendataria/s.

    • Solicitudes de axudas de seguros e das axudas para a adecuación e reparación que xa conten con contrato de alugamento asinado: sempre que a solicitude se realice nun prazo máximo de quince días desde a sinatura do contrato. Neste suposto o prazo dos tres meses computaranse desde a data da sinatura do contrato.

  6. Non estar afectada por algunha circunstancia xurídica que impida o seu alugamento.

Supostos nos que se poden solicitar as axudas
  1. REGRAS XERAIS: 

    A axuda para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impago de rendas e/ou seguros de multirrisco de fogar: poderá solicitarse se a vivenda conta cun contrato de alugamento formalizado en data posterior á publicación da correspondente convocatoria de axudas.

    A axuda para a adecuación e reparación da vivenda: poderá solicitarse sempre que se realicen dentro do período previsto na resolución de convocatoria. No caso de contar cun contrato de alugamento, este deberá estar asinado en data posterior á da publicación da correspondente resolución convocatoria.

    A axuda vinculada: poderá solicitarse no caso de ter solicitado as axudas para a adecuación e reparación da vivenda e sempre que o contrato de alugamento estea formalizado unha vez publicada a correspondente convocatoria.

  2. EXCEPCIÓNS: poderán presentar a solicitude no prazo previsto nesta convocatoria, sen as limitacións anteriores, nos seguintes casos:

     Persoas ou entidades beneficiarias das axudas para a adecuación e reparación da vivenda ao abeiro da convocatoria de 2025 que non puideran solicitar as demais axudas do Programa por atoparse pechado o prazo de presentación de solicitudes ou terse esgotado o crédito orzamentario,

     Persoas que tendo solicitado calquera das axudas ao abeiro da convocatoria de 2025 lles fose denegada por esgotamento do crédito.

Requisitos dos contratos
  • Que se sometan á lexislación de arrendamentos urbanos para uso de vivenda habitual e permanente durante todo o tempo do contrato.

  • Que a/s persoa/s arrendataria/s no teña/n vínculo de parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo coa persoa arrendadora. Este mesmo criterio aplicarase á relación entre a persoa/s arrendadora/s e a persoa/s arrendataria/s, cando a primeira sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus socios/as ou partícipes.

  • Ter unha renda mensual durante o primeiro ano de alugamento que non supere os seguintes importes:

    Zona Territorial Importe da renda (€) Concellos
    Zona 1 700 Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra.
    Zona 2 650 Ames, Oleiros, Cambre, Culleredo. Baiona, Nigrán, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa.
    Zona 3 600 Arteixo, Carballo, Narón, Ribeira e Sada. A Estrada, Cangas, Lalín, Marín, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Mos, Poio.
    Zona 4 550 Ares, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cedeira, Cee, Fene, Melide, Mugardos, Neda, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro. Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, Barbadás, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. Bueu, Cambados, Gondomar, O Grove, Illa de Arousa, Moaña, Pontecesures, Tui, e Vilanova de Arousa.
    Zona 5 450 Demais concellos.
Requisitos das persoas arrendatarias en determinados casos
  1. Cando se trate de vivendas xestionadas polos concellos colaboradores:

    • INGRESOS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA: entre 0,7 e 3 veces o IPREM + RENDA DA VIVENDA: non superior ao 30% dos ingresos da súa unidade de convivencia.

      Excepción: cando quede acreditado que a unidade de convivencia da persoa arrendataria percibe uns ingresos que lles permitan facer fronte ás obrigas económicas que deriven do contrato de alugamento.

    • Atoparse nunha situación persoal e/ou familiar que, segundo o informe dos servizos sociais do concello, supoña unha dificultade para acceder a unha vivenda de alugamento.

  2. Cando se solicite a axuda vinculada:

    • menores de 36 anos

    • persoas con fillo/as menores de idade

    • persoas con dependentes ao seu cargo con algún grado de discapacidade recoñecida.

     

Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 09/03/2026 ás 9:00 horas ata o 03/06/2026 ata as 14:00 horas.

Forma de presentación de solicitudes
  1. Preferiblemente electrónica.

  2. Presentación electrónica obrigatoria para:

    • Persoas xurídicas.

    • Representantes persoas xurídicas

Procedemento de concesión

Concurrencia non competitiva

Normativa relacionada

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Fogar Vivo (códigos de procedemento VI426F e VI426H), se establece o réxime transitorio dos programas de mobilización de vivendas para o alugamento e se procede á convocatoria das axudas do programa para o ano 2026, con financiamento plurianual.esolución DOG Venres, 27 de febreiro de 2026EXTRACTO da Resolución do 24 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Fogar Vivo (códigos de procedemento VI426F e VI426H), se establece o réxime transitorio dos programas de mobilización de vivendas para o alugamento e se procede á convocatoria das axudas do programa para o ano 2026, con financiamento plurianual.esolución DOG Venres, 27 de febreiro de 2026

Documentos relacionados

Cadro resumo

Cadro resumo concello colaborador (VI426G)