Programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas

Rehabilitación
-

Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivenda. As citadas bases foron modificadas pola Resolución do 28 de xaneiro de 2022 (DOG do 3 de febreiro).

A concesión de axudas financeiras para a rehabilitación de edificios e vivendas, que poderán consistir en:

  • Préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas concedidos polas entidades de crédito, no ámbito dos convenios asinados para estes efectos co Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).
  • Axudas económicas directas, consistentes na subsidiación dos xuros do préstamo cualificado outorgado pola entidade financeira.

Prazo de presentación de solicitudes

Dende o 28/05/2022 ata  01/09/2022

 

Normativas relacionadas

Bases Reguladoras: Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas (Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 14 de xaneiro de 2020). 

Modificación das bases: Resolución do 28 de xaneiro de 2022 (DOG do 3 de febreiro) 

Convocatoria 2022: DOG número 101, do 27 de maio de 2022, Resolución do 11 de maio de 2022 pola que se convocan, para a anualidade 2022, as axudas ¬¬financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (código de procedemento VI406B).

Documentos relacionados

Modelo de convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e as entidades de financiamento de actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas

Ligazóns relacionados

Sede electrónica-Solicitudes-VI406B