Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (VI406C)

Rehabilitación

Os datos desta ficha son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.

Actuacións de reforma de edificios existentes, que favorezan a redución do consumo de enerxía final e das emisións de dióxido de carbono mediante o aforro enerxético, a mellora da eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías renovables.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 2021, salvo que, con anterioridade, se esgotase o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Tramitación electrónica na Sede Electrónica