Compensación a persoas propietarias e arrendadoras

Outras axudas
-
Obxecto

Compensación a persoas propietarias e arrendadoras ás que se refiren os artigos 1 e 1 bis do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.

Compensar as rendas e gastos correntes deixadas de percibir durante o período que media entre a suspensión extraordinaria do lanzamento e o momento en que a mesma se levante polo tribunal ou ata o 31 de decembro de 2025.

Persoas beneficiarias
  1. Persoas arrendadoras afectadas polo artigo 1 da Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, que teñan a consideración de demandantes nos xuízos verbais que versen sobre reclamación de renda ou cantidades debidas polo arrendatario, ou a expiración do prazo de duración de contratos subscritos conforme á Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, que pretendesen recuperar a posesión do predio.

  2. Persoas propietarias afectadas polo artigo 1 bis da Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, que teñan a consideración de demandantes nos xuízos verbais nos que se substancien as demandas ás que se refiren os apartados 2º, 4º e 7º do artigo 250.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, e de denunciantes naqueloutros procesos penais nos que se substancie o lanzamento da vivenda habitual daquelas persoas que a estean a habitar sen ningún título habilitante para iso.

Todos estes procedementos xudiciais deben ser suspendidos con carácter extraordinario e temporal ao amparo da Real Decreto-lei 11/2020 no período comprendido entre o 1 de abril de 2020 e o 31 de decembro de 2025.

Contía
  • Valor medio que correspondería a un aluguer de vivenda na contorna en que se atope o inmoble. Se este valor fose superior á renda que viñese percibindo o arrendador, a compensación consistirá na renda deixada de percibir.

  • Gastos correntes da vivenda que acredite asumir o arrendador.

  • Prexuízo económico que lle ocasionou ao propietario que lle entrasen na vivenda ao atoparse esta ofertada en venda ou arrendamento, só nos casos de suspensión do lanzamento do artigo 1 bis da Real Decreto-lei 11/2020.

Período de aplicación da compensación

O que medie entre que se acordase a suspensión extraordinaria do artigo 1 da Real Decreto-lei 11/2020 ou ben a suspensión do lanzamento do artigo 1 bis da Real Decreto-lei 11/2020 e o momento no que a suspensión se levante polo Tribunal ou por alcanzar o límite temporal do 31 de decembro de 2026.

Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 10 de xuño de 2021 hasta el 31 de xaneiro de 2027, ambos incluídos.

Normativa relacionada

Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.

Real Decreto-ley 2/2026, de 3 de febrero, por el que se adoptan medidas urgentes para hacer frente a situaciones de vulnerabilidad social, en materia tributaria y relativas a los recursos de los sistemas de financiación territorial.pdf

Documentos relacionados

Cadro resumo