Axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI100B).
Durante o mes de xullo de 2022 unha vaga de incendios forestais ameazou o territorio de Galicia, especialmente en zonas das provincias de Lugo e Ourense, que afectou, entre outros bens, a vivendas. Para facerlles fronte, publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 140, do 22 de xullo, o Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022.
No artigo 7 do citado decreto indícase que serán obxecto de axuda os danos causados polos incendios nas vivendas, nas súas instalacións complementarias e no enxoval doméstico.
Estas axudas están destinadas a reparar os danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico derivados dos citados incendios que non queden cubertos polos seguros ou outras axudas.
Beneficiarios
Persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sufrisen danos no inmoble ou no enxoval doméstico
Axudas para danos nas vivendas
1.- Vivenda habitual e permanente (e instalacións complementarias)
O importe da axuda será o 100 % do valor de rehabilitación (ou de reposición no caso de ruína). O importe da axuda non poderá superar os 122.400 euros.
No caso de ruína axuda poderá destinarse a reconstruír a vivenda ou adquirir unha nova.
2.- Vivendas ocasionais (e instalacións complementarias)
O importe da axuda será o 100 % do valor de rehabilitación (ou de reposición no caso de ruína). O importe da axuda non poderá superar os 61.200 euros.
No caso de ruína axuda poderá destinarse a reconstruír a vivenda ou adquirir unha nova.
3.- Exclusións
Quedan excluídas das axudas os inmobles en estado ruinoso o abandonados antes dos incendios.
Axudas para enxoval doméstico
1.- Vivendas ruinosas que constituían residencia habitual e permanente: o 100 % dos gastos de reposición, co límite de 15.000 euros.
2.- Vivendas ruinosas que NON constituían residencia habitual e permanente: 50 % dos gastos de reposición, co límite de 5.000 euros.
3.- Demais vivendas que constituían residencia habitual e permanente: 100 % dos gastos de reposición, co límite de 7.000 euros.
4.- Demais vivendas que NON constituían residencia habitual e permanente: 50 % dos gastos de reposición, co límite de 3.000 euros.
Prazo de presentación de solicitudes
A presentación de solicitudes poderá realizarse dende o día seguinte á publicación da Resolución no DOG e ata o 2 de novembro de 2022
Axudas para realoxo provisional
Este programa non inclúe as axudas para o realoxo provisional das persoas que teñan que abandonar o seu fogar mentres executen as obras de reparación, rehabilitación e reposición.
As axudas para realoxo provisional están reguladas na disposición adicional primeira do DECRETO 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022 (DOG 22/07/2022).
Segundo este artigo, as axudas para realoxo temporal tramitaranse a través do Bono de alugueiro social (DO 13/07/2022) Esta axuda poderá acadar o 100 por cento do custe do alugueiro, cos límites establecidos na convocatoria do Bono segundo o concello en que se emprace a vivenda.
Tramitación na sede electrónica da Xunta de Galicia
Normativas relacionadas
Documentos relacionados