Axudas ás comunidades de persoas propietarias para reparación, rehabilitación e/ou adaptación de edificios de vivendas de protección pública (código procedemento VI420A)
ACCESO AO PROCEDEMENTO VI420A na Sede electrónica da Xunta de Galicia
- Obxecto
-
O Instituto Galego da Vivenda e Solo é o organismo autónomo encargado da realización das políticas de vivenda e solo na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de alcanzar os obxectivos previstos na Lei 3/1988, do 27 de abril, da súa creación. Dentro das súas funcións está a de garantir os dereitos a unha vivenda digna e adecuada, especialmente para os sectores da poboación con menos capacidade económica.
Co ánimo de impulsar e seguir apoiando os esforzos que están a levar a cabo as comunidades de propietarios/as destas vivendas para a adecuación dos seus edificios aos requisitos de seguridade, habitabilidade, accesibilidade e funcionalidade e de acordo co marco normativo establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presidenta do citado organismo dita as resolucións polas que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e se abren convocatorias anuais.
- A quen van dirixidas
-
Ás comunidades de propietarios de edificios de vivendas de protección pública promovidas polo IGVS que teñan máis de dez anos de antigüidade, así como aqueles en que o dito réxime se extinguise nos tres anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes previsto na correspondente convocatoria de axudas.
- Actuacións subvencionables
-
As destinadas á reparación, rehabilitación e/ou adaptación que comprendan todas ou algunhas das seguintes actuacións:
- Adecuación das condicións de seguridade: obras que proporcionen ao edificio condicións de seguridade estrutural ou construtiva, de xeito que garantan a súa estabilidade, resistencia e solidez, seguridade contra incendios, así como obras de seguridade fronte a accidentes ou sinistros.
- Adecuación das condicións de habitabilidade: obras que proporcionen ao edificio estanquidade fronte á choiva e á humidade, illamento térmico e acústico, ou mellora das instalacións de calefacción.
- Adecuación funcional: obras que proporcionen ao edificio mellora dos accesos aos servizos xerais de auga, gas, electricidade, telefonía, saneamento, etc., así como a adecuación destas obras á correspondente normativa.
- Adecuación das condicións de accesibilidade: obras de supresión de barreiras arquitectónicas, tales como instalación de ascensores, ramplas, ou outros dispositivos de accesibilidade, incluíndo os adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial.
As actuacións poden estar iniciadas no momento da solicitude pero non poden estar finalizadas.
- Contía da axuda
-
O 60% dos custes necesarios para a realización das obras subvencionables, dos honorarios facultativos e das taxas de licencia (IVE incluído) e ata un importe máximo resultante de multiplicar 6.000 euros polo número de vivendas do edificio.
- Prazo de presentación de solicitudes
-
Desde o 23/02/2026 ata o 23/04/2026
- Forma de presentación de solicitudes
-
Electrónica
- Documentación que se debe achegar coa solicitude
-
- Certificado do secretario da comunidade no que conste o acordo das obras a realizar e o nomeamento da persoa representante
- Memoria descritiva das actuacións
- Orzamento das obras que se van a realizar, os custes de honorarios e de autorizacións ou licenzas administrativas
- Fotografías das zonas a reparar
- Información
-
-
AREA PROVINCIAL IGVS A CORUÑA: 981 182 694
-
AREA PROVINCIAL IGVS LUGO: 982 294 943
-
AREA PROVINCIAL IGVS OURENSE: 988 386 285
-
AREA PROVINCIAL IGVS PONTEVEDRA: 986 805 624
- Correo electrónico: calidade.igvs [at] xunta.gal (calidade[dot]igvs[at]xunta[dot]gal)
-
Normativa relacionada
RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2026 pola que se abre a convocatoria, para o ano 2026, das axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto (código de procedemento VI420A)EXTRACTO da Resolución do 18 de febreiro de 2026 pola que se abre a convocatoria, para o ano 2026, das axudas ás comunidades de propietarios/ as para a reparación, rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo este instituto (código de procedemento VI420A)