Áreas de Rehabilitación Integral Supramunicipal (VI408O, VI408P e VI408Q)

Rehabilitación
-

Os datos desta ficha son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.

Entre as actuación de rehabilitación que xestiona o IGVS ten especial relevancia a figura das áreas de rehabilitación integral  (en diante, ARI) supramunicipais.

De acordo co previsto no artigo 52 da Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, a Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo poderá declarar ARI, de oficio ou por solicitude dos concellos, un ámbito que afecte diferentes municipios que respondan a criterios de proximidade xeográfica, características arquitectónicas e problemáticas similares, sempre que exista un nexo de unión entre os devanditos ámbitos, xa sexa de carácter histórico, xeográfico, cultural ou ambiental, que motive que deba ser tratado como un conxunto.

Estas ARI xestiónanse directamente polo IGVS e actualmente hai 3 declaradas:

  • ARI dos Camiños de Santiago, declarada o 17 de decembro de 2010 e ampliada o 12 de abril de 2019
  • ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas, declarada o 23 de xaneiro de 2019
  • ARI da Ribeira Sacra, declarada o 21 de febrero de 2020
     

Prazo de presentación CUALIFICACIÓNS: ABIERTO

31/10/2023 00:00 - 28/11/2025 23:59

  1. O prazo de presentación de solicitudes de cualificación provisional  das actuacións abrirase o día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial  de  Galicia e finalizará o 28 de novembro de 2025.
  2. A cualificación provisional pode solicitarse en calquera momento anterior á finalización das obras.
  3. Sen prexuízo do anterior, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, poderase pechar o prazo para a presentación das solicitudes de cualificación provisional e cualificación definitiva, en atención ao financiamento dispoñible. A resolución de peche do prazo de presentación de solicitudes publicarase no DOG e na páxina web do IGVS.

Prazo de presentación CONVOCATORIA AXUDAS:

27/01/2025 00:00 - 27/02/2025 23:59

Será requisito necesario para poder solicitar a axuda estar en posesión da cualificación definitiva.

VI408O - Cualificación provisional.

VI408P - Cualificación definitiva.

 

Normativas relacionadas

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2025 pola que se acorda o peche do prazo para presentar as solicitudes de cualificación provisional para actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408O). 

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra para o ano 2024 (código de procedemento VI408Q). 

Resolución do 22 de marzo de 2022 pola que se acorda ampliar ata o 30 de xuño de 2025 o prazo para presentar as solicitudes de cualificación provisional e de cualificación definitiva para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito das áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan de vivenda 2018-2021 (DOG nº 61 do 29 de marzo de 2022).

Resolución do 23 de outubro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 22 de marzo de 2022 pola que se acorda ampliar ata o 30 de xuño de 2025 o prazo para presentar as solicitudes de cualificación provisional e de cualificación definitiva para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito das áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan de vivenda 2018-2021 (códigos de procedemento VI408F, VI408G, VI408L e VI408M), e pola que se regula o procedemento para participar no programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás citadas áreas de rehabilitación integral e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2023).

Documentos relacionados

Ficha resumo axudas

Ligazóns relacionados

Máis información...