Escoitar
Ampliación prazo VI426H Programa fogar vivo
-
Prazo de solicitude
Prazo pechado
Data de publicación no DOGA
acceso aO procedemento vi426h na sede electronica da xunta de galicia
Os datos que figuran a continuación son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.
- Obxecto e seccións do programa
-
-
OBXECTO DO PROGRAMA:
Incentivar a incorporación de vivendas ao mercado de alugamento a través dunha renda accesible.
-
SECCIÓNS DO PROGRAMA:
-
Sección I, xestionada polo IGVS. As axudas solicitaranse directamente ao IGVS.
-
Sección II, xestionada a través de concellos que obteñan a condición de entidade colaboradora. Para solicitar as axudas as vivendas deberán estar previamente incorporadas ao correspondente programa municipal.
Regra xeral: As vivendas poderán incorporarse a calquera das seccións.
Excepción: vivendas das entidades de crédito e as súas filiais inmobiliarias, así como ás entidades de xestión de activos, que so poderán incorporalas ao Programa a través da sección II.
-
-
- Axudas do Programa
-
- Axuda para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impago de rendas e/ou seguros de multirrisco de fogar.
- Axuda para a adecuación e reparación da vivenda.
- Axuda vinculada á obtención da axuda para adecuación e reparación, para o caso de que a vivenda se alugue a menores de 36 anos ou con fillo/as menores de idade ou con persoas dependentes ao seu cargo con algún grado de discapacidade recoñecida.
- Presentación da solicitude da/s axuda/s
-
- Preferiblemente por vía electrónica.
- Formularios normalizados para cada unha das axudas.
- Anexo I (código de procedemento VI426F), para solicitar as axudas para a adecuación e a reparación da vivenda.
- Anexo II (código de procedemento VI426H), para solicitar as axudas para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impagamento de rendas e/ou seguros de multirrisco de fogar e para as axudas vinculadas.
- Ampliación prazo presentación solicitudes axudas VI426H
-
ata o 15/07/2026 ás 14:00 horas
Normativa relacionada
RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2026 pola que se acorda a ampliación do prazo de presentación de solicitudes das axudas para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impagamento de rendas e/ou seguros de multirrisco de fogar e das axudas vinculadas á obtención da axuda para adecuación e reparación previsto na Resolución do 24 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Fogar Vivo (códigos de procedemento VI426F e VI426H), se establece o réxime transitorio dos programas de mobilización de vivendas para o alugamento e se procede á convocatoria das axudas do programa para o ano 2026, con financiamento plurianual.RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Fogar Vivo (códigos de procedemento VI426F e VI426H), se establece o réxime transitorio dos programas de mobilización de vivendas para o alugamento e se procede á convocatoria das axudas do programa para o ano 2026, con financiamento plurianual.esolución DOG Venres, 27 de febreiro de 2026
Ligazóns relacionadas
Programa fogar vivo (VI426F e VI426H)