Escoitar
Vigo. 78 vivendas de promoción pública.
Vigo. 78 vivendas de promoción pública.
PARCELA M-IIIB-3 E M-IIIB-4. SAN PAIO DE NAVIA
Provincia
Pontevedra
Concello
Vigo
Investimento total
Proxecto
LICITACIÓN
Data: 14/04/2025
Importe: 678.478,14 €
ADUDICACIÓN
Data: 24/09/2025
Importe: 542.782,51 €
Adxudicado: Fernández Carballada y Asociados S.L.P.
Traballos técnicos
Licitado: pendente
Obra
LICITACIÓN: pendente
Obra cofinanciada con fondos Feder: 10.860.735,30 €
• Parcela M-III B-3
A parcela na que se empraza a edificación proxectada no Bloque 3, cunha superficie total de 1.080,20 m2, conta cunha xeometría rectangular disposta en orientación noroeste–sureste en sentido lonxitudinal, cun fondo edificable de 16 m e unha lonxitude de 66,49 m en contacto cunha vía de nova creación.
Ten unha superficie construída total de 3.390,63 m2, dos cales 2.310,63 m2 están sobre rasante e 1.080,00 m2 baixo rasante. Consta dunha planta soto para prazas de aparcamento, rochos e instalacións; na planta baixa distribúense dous portais, locais de instalacións e seis vivendas e nas plantas primeira e segundo con dous núcleos de circulación vertical distribúense catro vivendas por núcleo, oito en total.
Proxectase neste bloque 22 vivendas, 26 prazas de aparcamento e 22 rochos.
As superficies útiles e construídas totais do edificio son as que se indican no seguinte cadro extraído do proxecto:
|
2 DORMITORIOS |
2 DORMITORIOS ADAPTADAS |
3 DORMITORIOS ADAPTADA |
TOTAL |
|
| Nº VIVENDAS |
20 |
1 |
1 |
22 |
| SUPERFICIE ÚTIL MEDIA m2 |
68,5 |
84,9 |
|
|
• Parcela M-III B-4
A parcela na que se sitúa o Bloque 4, paralelo ao anterior, cunha superficie total de 1.903,90 m², posiciónase xunto ao viario que constitúe a circunvalación de Vigo, pechando o conxunto da alineación proxectada cara a el. A xeometría rectangular de 17 m de fondo cúrvase cara ao sur e a circunvalación, para envolver á parcela correspondente ao bloque 3, e rematar así o conxunto. As dúas esquinas exteriores da peza remátanse en chafrán. Conta cunha lonxitude no tramo principal exterior de 68,74 m, un tramo curvo de 36,69 m e un segundo tramo lonxitudinal de 14,74 m que se posiciona casi en perpendicular ao primeiro.
Ten unha superficie construída total de 9.519,20 m2, dos cales 7.615,30 m2 están sobre rasante e 1.903,90 m2 están baixo rasante. Conta cunha planta soto para prazas de aparcamento, dúas prazas de moto e instalacións; a planta baixa conta cun soportal cara a rúa de acceso, e distribúense catro portais, cuartos de instalacións e limpeza, catro locais comerciais e rochos; as tres plantas superiores contan coa mesma distribución, con catro núcleos verticais e un total de 15 vivendas en cada una e na planta ático cos mesmos núcleos de distribución vertical, e un retranqueo respecto das anteriores que se resolve con terrazas, distribúense un total de once vivendas.
O edificio disporá de 56 vivendas, 58 prazas de aparcamento, 2 prazas de moto, 56 rochos e 4 locais.
As superficies útiles e construídas totais do edificio son as que se indican no seguinte cadro extraído do proxecto:
|
2 DORMITORIOS |
2 DORMITORIOS ADAPTADAS |
3 DORMITORIOS |
4 DORMITORIOS |
TOTAL |
|
| Nº VIVENDAS |
19 |
2 |
30 |
5 |
22 |
| SUPERFICIE ÚTIL MEDIA m2 |
74,14 |
83,68 |
102,29 |
|
|