Escoitar
Vigo. 73 vivendas de promoción pública.
Vigo. 73 vivendas de promoción pública.
PARCELA M-IIIB 7 E M-IIIB-8. SAN PAIO DE NAVIA
Provincia
Pontevedra
Concello
Vigo
Investimento total
Proxecto
Licitación: 18/10/2024
Importe de licitación: 636.939,69 €
Adxudicación: 8/05/2025
Importe de adxudicación: 499.730 €
Adxudicado a: Díaz y Díaz Arquitectos S.L.P.
Traballos técnicos
Importe de licitación: pendente
Obra
Licitado: pendente
Construiranse dous edificios para un total de 73 vivendas de promoción pública, rochos e prazas de garaxe.
PARCELA M-IIIB-7
O edificio proxectado destínase a 24 VPP, 24 prazas de garaxe e 24 rochos.
Consta dunha planta soto para 24 prazas de garaxe, 24 rochos e cuartos de instalacións e servizos; planta baixa para 4 portais e 8 vivendas; e dúas plantas altas para uso de vivenda, con 8 vivendas por planta. A través de cada portal accédese a 6 vivendas (2 por planta).
Proxéctanse 1 vivenda e 1 praza de garaxe adaptadas a persoas con mobilidade reducida.
A parcela ten unha superficie de 1.442,80 m2, forma rectangular e unhas dimensións de 90,25x16 m. Linda ao norte coa vía pública V-III-C, ao sur coa vía pública V-III-B, ao leste co espazo público ZV-IIIB-2.2 (carril bici) e ao oeste coa vía pública V-III-1.
|
2 DORMITORIOS |
2 DORMITORIOS |
3 DORMITORIOS |
TOTAL |
|
| Nº VIVENDAS |
3 |
1 |
20 |
24 |
| SUPERFICIE ÚTIL MEDIA m2 |
68,62 |
68,62 |
83,31 |
|
PARCELA M-IIIB-8
O edificio proxectado destínase a 49 vivendas de promoción pública, 48 prazas de garaxe (unha vivenda terá o seu garaxe noutro edificio) e 49 rochos. Consta dunha planta soto destinada a 48 prazas de garaxe e locais de instalacións; planta baixa para soportal, 3 portais, 49 rochos e locais de instalacións e servizos; tres plantas altas para uso residencial con 13 vivendas por planta e planta ático tamén para uso residencial, con 10 vivendas. A través dos portais 1 e 3 accédese a 15 vivendas (4 por planta e 3 no ático) e dende o portal 2 accédese a 19 vivendas (5 por planta e 4 no ático).
Proxéctanse 2 vivendas e 2 prazas de garaxe adaptadas a persoas con mobilidade reducida.
A parcela ten unha superficie de 1.526,30 m2, forma rectangular e unhas dimensións de 90,25x17 m. Linda ao norte coa vía pública V-III-C, ao sur coa vía pública V-III-B, ao leste coa rúa das Ufas e ao oeste co espazo público ZV-IIIB-2.2 (carril bici).
|
1 DORMITORIO |
2 DORMITORIOS |
2 DORMITORIOS |
3 DORMITORIOS |
4 DORMITORIOS |
TOTAL |
|
| Nº VIVENDAS |
1 |
27 |
2 |
13 |
6 |
49 |
| SUPERFICIE ÚTIL MEDIA m2 |
69,37 |
67,43 |
67,43 |
89,79 |
89,79 |
|