Escoitar
Vigo. 41 vivendas de promoción pública.
Vigo. 41 vivendas de promoción pública.
PARCELA M-IIIB-16 E M-IIIB-18. SAN PAIO DE NAVIA
Provincia
Pontevedra
Concello
Vigo
Investimento total
Proxecto
LICITACIÓN
Data: 13/02/2025
Importe: 411.180,46 €
ADXUDICACIÓN
Data: 11/07/2025
Importe: 320.311,20 €
Adxudicado a: Irisarri-Piñera, SLNE
Traballos técnicos
Importe Lic.: pendente
Obra
LICITACIÓN
Data: 5/06/2026
Importe: 8.885.331,75 €
O proxecto ten por obxecto a construción de dous edificios para un total de 41 vivendas de promoción pública, 41 garaxes e 41 rochos nas Parcelas M-IIIB-16 e M-IIIB-18 do Plan Parcial de San Paio de Navia, en Vigo (Pontevedra).
PARCELA M-IIIB-16:
Trátase dunha parcela cunha superficie de 664,20 m2 e forma sensiblemente rectangular.
O edificio proxectado destínase a 19 VPP, 19 rochos e 19 prazas de garaxe. Consta dunha planta de soto para 19 prazas de garaxe e instalacións; planta baixa para soportal, 2 portais de acceso ás vivendas, 19 rochos, local de uso comunitario e locais de instalacións e servizos; tres plantas altas para uso residencial con 5 vivendas por planta e planta ático tamén para uso residencial, cun total de 4 vivendas. A través do portal 1 accédese a 11 vivendas (3 en plantas altas e 2 en planta ático) e a través do portal 2 accédese a 8 vivendas (2 por planta)
|
2 DORMITORIOS |
2 DORMITORIOS ADAPTADA |
3 DORMITORIOS |
TOTAL |
|
| Nº VIVENDAS |
6 |
1 |
12 |
19 |
| SUPERFICIE ÚTIL MEDIA m2 |
74,01 |
87,91 |
|
|
PARCELA M-IIIB-18:
Trátase dunha parcela cunha superficie de 784,80 m2 e forma de “L” curvada que linda ao norte e oeste coa zona verde pública ZV-IIIB-5, ao leste coa rúa das Ufas e ao sur co vial V-III-F.
O edificio proxectado destínase a 22 VPP, 22 rochos e 22 prazas de garaxe. Consta dunha planta soto para 22 prazas de garaxe e local de instalacións; planta baixa para soportal, dous portais de acceso ás vivendas, 22 rochos, local de uso comunitarios e locais de instalacións e servizos; tres plantas altas para uso residencial, con 6 vivendas por planta; e planta ático tamén para uso residencial, para un total de 4 vivendas. A través de cada un dos portais accédese a 11 vivendas (3 en plantas altas e 2 en planta ático).
Unha das vivendas e unha das prazas de garaxe están adaptadas a persoas con mobilidade reducida.
|
2 DORMITORIOS |
3 DORMITORIOS |
3 DORMITORIOS ADAPTADA |
4 DORMITORIOS |
TOTAL |
|
| Nº VIVENDAS |
5 |
13 |
1 |
3 |
22 |
| SUPERFICIE ÚTIL MEDIA m2 |
74,0175,14 |
85.58 |
106,93 |
|
|