Lugo. 76 vivendas de promoción pública

Lugo. 76 vivendas de promoción pública

Parcela C1. Avenida Paulo Fabio Máximo. Garabolos

Parcela C1. Garabolos. Lugo
Parcela C1. Garabolos. Lugo
Provincia
Lugo
Concello
Lugo
Investimento total
Proxecto

LICITACIÓN

Data: 3/07/2023
Importe: 608.238,48 €


ADXUDICACIÓN

Data: 11/07/2024
Importe: 491.260 €


Adxudicado a: UTE OME76

Traballos técnicos

Importe de licitación: 313.173,82 €


Importe de adxudicación: 260.232,23 €

Obra

LICITACIÓN

Data: 8/01/2025
Importe: 14.884.137,3 €


ADXUDICACIÓN

Data: 12/06/2025
Importe: 13.474.609,49 €


Adxudicado a: Construcciones Ramírez, SL

 

Obra cofinanciada con fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia: 3.788.431 €

A parcela ten unha superficie total de 1.392 m2 e forma rectangular con directriz lixeiramente curva. As fachadas lonxitudinais están orientadas ao leste e oeste e os testeiros ao norte e ao sur, o norte é medianeira e o sur é fachada. Hai un desnivel cara a zona verde pública, ao leste, que oscila entre os 2 e os 4 metros.

O programa do edificio que é o seguinte: hai dúas plantas de soto, planta baixa, 8 plantas altas e un ático. Accédese ás vivendas a través dos 4 portais situados na fachada oeste, que dá á rúa C, perpendicular á avenida Paulo Fabio Máximo. Hai 4 núcleos de comunicacións verticais. Nas plantas soto están os garaxes, parte dos rochos e as instalacións; na planta baixa sitúanse o portal de acceso, o resto dos rochos, os cuartos de instalacións, a reserva de espazo para os residuos, un local comunitario, os cuartos de limpeza e un local comercial.

Nas plantas superiores están as vivendas, 9 vivendas por planta e 4 vivendas no ático. Resultan así en total 76 vivendas, 76 prazas de garaxes e 76 rochos.

 

2 DORMITORIOS

2 DORMITORIOS
ADAPTADAS

3 DORMITORIOS

4 DORMITORIOS

TOTAL

Nº VIVENDAS

10

2

55

9

76

SUPERFICIE ÚTIL