Lugo. 70 vivendas de promoción pública

Lugo. 70 vivendas de promoción pública

Parcela B3. Avenida Paulo Fabio Máximo. Garabolos

Parcela B3. Garabolos. Lugo
Parcela B3. Garabolos. Lugo
Parcela B3. Garabolos. Lugo
Provincia
Lugo
Concello
Lugo
Investimento total
Proxecto

LICITACIÓN

Data: 3/07/2023
Importe: 567.306,27 €


ADXUDICACIÓN

Data: 13/08/2024
Importe: 456.654 €


Adxudicado a: Dosesmás Arquitectos, SCP 

Traballos técnicos

Importe de licitación: 203.500,53 €
Importe de adxudicación: 157.905 €
 

Obra

LICITACIÓN

Data: 8/01/2025
Importe: 13.312.023,92 €


ADXUDICACIÓN

Data: 18/06/2025
Importe : 12.213.781,95 €


Adxudicado a: Civis Global, SLU

 

Obra cofinanciada con fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia: 3.499.890 €

A parcela na cal se empraza a edificación proxectada ten unha superficie de 1.312 m2, forma rectangular e unhas dimensións aproximadas de 72,90x18,00m. Linda ao noroeste coa rúa E, ao sudeste coas zonas verdes libres 12.i e 12.g, ao suroeste coa rúa B e ao nordeste cunha parcela sen edificar. O terreo ten pendente en ambas direccións, duns 0,80 m na dirección transversal e duns 5 m na dirección lonxitudinal, o que obriga a dividir o edificio en dous volumes unidos pero con accesos a distinto nivel.

O edificio proxectado consta de dúas plantas de soto para garaxes, rochos e locais de instalacións; planta baixa dedicada a 2 portais de acceso, locais de instalacións, un local de reserva para o almacén de contedores do lixo, rochos, un local comunitario e a 6 vivendas; plantas 1 a 8 para uso de vivenda, con 8 vivendas por planta; e planta ático para rochos e locais instalacións. Hai 2 portais de acceso e cada un deles da servizo a 35 vivendas.

A edificación ocupa toda a superficie de parcela nas plantas baixo rasante e sobre rasante reduce a súa ocupación orixinando as terrazas das vivendas situadas en planta baixa.

 

2 DORMITORIOS

2 DORMITORIOS
ADAPTADAS

3 DORMITORIOS

3 DORMITORIOS
ADAPTADA

4 DORMITORIOS

TOTAL

Nº VIVENDAS

11

2

48

1

8

70

SUPERFICIE ÚTIL MEDIA m2

77,35

87,92

97,55