Volver ao contido

Portal IGVS

Benvida

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Benvida
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade

Benvida da conselleira

Escoitar
Wed Apr 17 11:00:00 CEST 2024
  • Compartir
María Martínez Allegue

María Martínez Allegue

A Xunta de Galicia asume como un obxectivo prioritario garantir o dereito á vivenda, que constitúe un dos piares básicos do noso estado de benestar. Nun contexto en que a vivenda se erixe como un motivo de preocupación para millóns de cidadáns en todo o mundo, as administracións públicas debemos ser activas na procura de medidas que permitan tanto facilitar o acceso a un fogar como mellorar a calidade, mellorando as condicións de habitabilidade e procurando, tamén, a sostibilidade ambiental.

A Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, como parte da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas que teño a honra de presidir, segue con atención ás necesidades dos cidadáns, planifica con rigor o mellor xeito de respondelas e ofrece un amplo catálogo de axudas e actuacións directas destinadas a mellorar as condicións de vida dos galegos.

Dispoñemos de axudas para facilitar aos cidadáns o alugueiro ou a adquisición dunha vivenda, pero tamén medidas destinadas a propietarios, municipios, cooperativas e promotores de cara a incrementar o parque de vivendas.

Non menos importantes son as actuacións directas que realizamos desde o propio Instituto Galego da Vivenda e Solo, coa construción de novas vivendas e a rehabilitación das existentes, co fin de destinalas ás capas máis desfavorecidas da poboación.

A isto únese a nosa aposta polo desenvolvemento de solo urbanizado para a construción de vivenda protexida, que estamos impulsando especialmente nas grandes cidades, onde se rexistra unha maior demanda.

No Goberno galego somos sabedores de que dispor dunha vivenda estable é un dos anhelos que comparten todos os cidadáns. É o lugar onde se arraiga a identidade, onde se acubilla a familia, onde se forxan proxectos e se constrúen soños.

É comprensible que a preocupación por acceder a unha vivenda adecuada sexa unha prioridade fundamental para moitas persoas e, polo tanto, desde as administracións públicas, no marco das nosas responsabilidades e posibilidades, debemos de facilitar ese acceso.

Así o estamos a facer desde a administración autonómica, apostando de forma cada vez máis decidida e ambiciosa por todas aquelas medidas que faciliten o acceso dos cidadáns a vivendas de calidade, sustentables e eficientes.

María Martínez Allegue

Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal