Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta asegura que cumpre a normativa sobre vivendas de uso turístico e insta ao concello de Santiago e ao Goberno central a asumir as súas competencias neste ámbito

Escoitar

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes interveu no Parlamento de Galicia, onde lembrou que Galicia foi pioneira nesta regulación 

O Goberno galego lembra que os concellos deben comprobar se estes espazos cumpren a normativa municipal

O Executivo autonómico segue á espera de que o Goberno central lle remita a listaxe sobre supostas irregularidades na publicidade destes aloxamentos anunciada polo ministro de Consumo nun encontro coa alcaldesa de Santiago

Wed May 07 17:30:54 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta cumpre co que  marca a lei sobre as vivendas de uso turístico (VUTs) e instou ao Concello de Santiago e ao Goberno central a asumir as súas competencias neste ámbito. Así o asegurou en contestación a unha pregunta sobre o incremento destes aloxamentos, na que lembrou ademais que Galicia xa foi pioneira na súa regulación, cun decreto do ano 2017, froito do diálogo coas distintas administracións e co sector, e que permite ofrecerlles seguridade xurídica a propietarios e usuarios.

Neste marco legal, Diego Calvo sinalou que os concellos e as comunidades de veciños teñen potestade para exercer as súas competencias na regulación das vivendas de uso turístico. Así, as administracións locais “son as encargadas de comprobar se unha determinada vivenda cumpre a normativa municipal e, de non cumprila, de comunicarllo a Turismo de Galicia para que proceda, se é o caso, ao expediente de baixa para garantir a seguridade xurídica”, engadiu.

Incidiu ademais en que a Xunta vela pola regularidade do sector turístico para garantir un servizo de calidade. Deste xeito, Turismo de Galicia leva a cabo inspeccións e colabora cos concellos, actuando sempre que estes notifican que a actividade é contraria ao plan urbanístico ou carece do título habilitante municipal no caso de que ese concello o esixa.

Na súa intervención, o conselleiro referiuse tamén ao encontro mantido pola alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, co ministro  de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2023, Pablo Bustinduy, do que a Xunta non tivo comunicación e no que se anunciou a existencia dunha listaxe de suposta publicidade ilícita por parte de propietarios de vivendas de uso turístico da comunidade. Segundo Diego Calvo, o Goberno galego segue á espera desta información para poder realizar as comprobacións necesarias e garantir así os dereitos de todos os implicados. 

Nesta liña, a Xunta considera esta actitude totalmente oportunista e populista e por iso, o conselleiro solicitou de novo a documentación anunciada ante os medios de comunicación, onde conste os datos e motivos específicos para poder actuar coa contundencia e seguridade xurídica que caracteriza a actuación do Executivo autonómico.

Cómpre lembrar que as declaracións do ministro se produciron xusto antes dunha ponte e nun momento que puideron afectar ás reservas por parte dos posibles visitantes á comunidade galega. Neste sentido, o Goberno galego considera que estas manifestacións foron unha irresponsabilidade ao crear e alarma co obxectivo de buscar máis un rendemento mediático e debilitar un sector que está a reportar importantes beneficios para Galicia, repartindo riqueza por todo o territorio ao longo de todo o ano, e xerando unha actividade produtiva que representa máis do 10% do PIB que dá emprego a 130.000 persoas.

De feito, a comparecencia do ministro o pasado 25 de abril ante os medios de comunicación para denunciar a existencia dunha relación de vivendas de uso turístico que non cumpría a normativa vixente só serviu para xerar alarma e inseguridade ante os usuarios e posibles clientes. Nesta liña, a Xunta lamenta que non se dirixise directamente á Administración autonómica con competencias exclusivas en materia de turismo e optase polos medios de comunicación para dar conta da seriedade dunha realidade que considerou grave e descontrolada.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal