ORDE do 13 de decembro de 2017 pola que se regulan os pagamentos anticipados nas axudas destinadas a sufragar os danos nas vivendas e no seu enxoval doméstico, causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (código de procedemento VI100B).
ORDE conxunta do 27 de outubro de 2017 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo DECRETO 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017.
LEI 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.
Resolución do 5 de setembro de 2017, da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa, pola que se publica a lista de entidades que comunicaron a súa adhesión ao Código de Boas Prácticas para a reestruturación viable das débedas con garantía hipotecaria sobre vivenda habitual.
ORDE do 23 de agosto de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, e se convocan para o ano 2017, con carácter plurianual.
Resolución do 1 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivienda e Solo, pola que se publica o Convenio de colaboración coa Comunidad Autónoma de Galicia, para a execución da prórroga do Plan Estatal de fomento do alugueiro de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016.
ORDE do 21 de xullo de 2017 pola que se convoca a concesión de subvencións complementarias da Comunidade Autónoma de Galicia para as persoas promotoras de aloxamentos protexidos acollidos ao Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012.
ORDE do 4 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017, con carácter plurianual.
RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2017 pola que se convoca, para a anualidade de 2017, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.
ORDE do 21 de xuño de 2017 pola que se procede á convocatoria pública, para a anualidade 2017, das axudas financieiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual.