RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2025 pola que se regula o programa Fogar Vivo e se establecen as bases reguladoras das súas axudas (código de procedemento VI426F), se regula o procedemento para obter a condición de concello colaborador (código procedemento VI426G), se establece o réxime transitorio dos programas de mobilización de vivendas para alugamento e se procede á convocatoria das axudas do programa Fogar Vivo para o ano 2025, con financiamento plurianual.
RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2025 pola que se amplía o prazo de presentación de candidaturas para concorrer aos premios galegos de arquitectura, rehabilitación e especial sustentabilidade 2025, previsto na Resolución do 23 de abril de 2025 pola que se convocan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2025 (código de procedemento VI490A).
RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2025 pola que se aproba a delimitación do ámbito de actuación que será obxecto de transformación urbanística para a creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública en Ourense.
RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2025 pola que se acorda a inclusión de actuacións de rehabilitación e rexeneración urbana no Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, e se convoca o acceso ao dito fondo para a anualidade 2025 (código de procedemento VI438A).
RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2025 pola que se regula o Fondo de cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción, e se convoca o acceso ao dito fondo para a anualidade 2025 (código de procedemento VI406I).
Resolución do 5 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Vivenda e Solo, pola que se publica o Acordo polo que se revisan e modifican os tipos de interese efectivos anuais vixentes para os préstamos cualificados ou convidos concedidos no marco do programa 1998 do Plan de Vivenda 1996-1999, Plan de Vivenda 2002-2005 e Plan de Vivenda 2005-2008.
RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2025 pola que se regula o Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida e se dá publicidade do convenio para asinar entre este instituto e as entidades locais (códigos de procedemento VI420D e VI420E).
RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento VI420A).
RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025 pola que se modifica a Resolución do 17 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de avais para a adquisición de vivenda, se dá publicidade ao convenio que asinarán entre este instituto e as entidades financeiras para a súa concesión e se procede á convocatoria do programa para o ano 2025 (código de procedemento VI402B).
RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025 pola que se convocan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2025 (código de procedemento VI490A).