Rehabilitación de infravivenda (VI406A)
- OBXECTO DO PROGRAMA
-
- Axudas a concellos de menos de 10.000 habitantes, para a reparación de infravivendas nas que residan unidades de convivencia propietarias dunha edificación ou vivenda que se encontre en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos para acometer as obras que permitan ter as condicións mínimas de habitabilidade.
- Así mesmo, os concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes tamén poderán solicitar a subvención para rehabilitar infravivendas do seu patrimonio municipal coa finalidade de destinalas a solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nas bases reguladoras.
- CONCELLOS BENEFICIARIOS
-
Os concellos con menos de 10.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes, publicadas polo Instituto Galego de Estatística á data da publicación da resolución de convocatoria.
- ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
-
- A reforma ou rehabilitación de elementos exteriores.
- A mellora das condicións estruturais e de seguranza.
- A mellora da accesibilidade da edificación ou das vivendas.
- A mellora da habitabilidade. Inclúense dentro desta actuación a execución de obras que eviten a entrada no edificio do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.
O prazo de execución das obras virá fixado na resolución de concesión da subvención, sen que en ningún caso poida exceder de seis meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.
- CONTÍA DA SUBVENCIÓN
-
Ata o 95% do orzamento protexido das obras, cun máximo de 15.000 € por vivenda rehabilitada.
- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
-
Desde as 9.00 horas do 23/01/2026 ata as 14.00 horas do 03/07/2026.
- FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
-
Electrónica
- INFORMACIÓN
-
AREA PROVINCIAL IGVS A CORUÑA: 981 184 824
AREA PROVINCIAL IGVS LUGO: 982 294 602
AREA PROVINCIAL IGVS OURENSE: 988 386 268
AREA PROVINCIAL IGVS PONTEVEDRA: 986 805 611
- DOCUMENTACIÓN RELACIONADA
-