Programa do bono de alugueiro social (VI482F)

Alugueiro de vivenda
-

acceso ao procedemento vi482f na sede electrónica da xunta de galcia

Obxecto

Este programa de axudas ten como obxecto facilitar o acceso á vivenda en alugueiro ás vítimas de violencia de xénero, persoas obxecto de desafiuzamento da súa vivenda habitual, persoas sen fogar e outras persoas especialmente vulnerables.

As subvencións deste programa rexeranse polas bases reguladoras contidas Resolución do 1 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do bono de alugueiro social e se procede á súa convocatoria continuada e permanente ata o esgotamento do crédito (código de procedemento VI482F).

Persoas beneficiarias
  • Poderán ser beneficiarias deste programa as unidades de convivencia enumeradas no artigo 5 das bases reguladoras citadas, sempre que cumpran os requisitos previstos no artigo 6 das devanditas bases reguladoras.

  • Os ingresos non poderán superar 1,5 veces o Iprem, ponderados segundo o número de persoas que compoñen a unidade familiar cos coeficientes indicados no artígo 7 das bases.

Renda da vivenda

A renda mensual da vivenda alugada non poderá superar a contía establecida para o concello no que se emprace. Ditas rendas son de 550, 500 ou 425 euros, segundo o listado de concellos incluído no artigo 8 das bases.

Contía da axuda
  • O importe mensual da axuda poderá chegar ata o 100 % da renda do contrato de arrendamento, sempre que non supere a renda das vivendas previstas no ordinal anterior.

  • O importe mensual da axuda non poderá ser superior á renda da vivenda.

  • Ademais, poderáselle conceder á persoa beneficiaria unha axuda complementaria, ben para o suposto da inmediata formalización dun contrato de alugueiro, para os efectos de atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións, ben para o caso de permanecer na vivenda obxecto do procedemento xudicial de desafiuzamento, para os efectos de atender cantidades pendentes derivadas do contrato de arrendamento que motivou o devandito procedemento. O importe desta axuda non poderá superar os 600 euros.

Duración da axuda
  • A axuda concederase por un período de 12 meses susceptible de catro prórrogas ordinarias sucesivas, de doce meses cada unha, ata acadar unha duración máxima de cinco anos, e sempre que subsistan as condicións de necesidade que deron lugar á concesión inicial, así como que se acredite o límite de ingresos previstos no ordinal sétimo e exista dispoñibilidade orzamentaria.

  • En todo caso, as axudas concedidas, tanto en concesións iniciais como en sucesivas prórrogas, non se poderán estender máis aló do 31 de decembro de 2026.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 30 de novembro de 2026 e, en todo caso, ata o esgotamento da dotación orzamentaria ou das súas ampliacións, que se farán constar no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Normativa relacionada

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do bono de alugueiro social e se procede á súa convocatoria continuada e permanente ata o esgotamento do crédito (código de procedemento VI482F)

Documentos relacionados

Modelo de declaración responsable