Programa de axudas de rehabilitación de vivendas no rural (VI435E)
acceso ao procedemento vI435E na Sede electrónica da Xunta de Galicia
- Obxecto
-
Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio ao financiamento ás obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación que se realicen en vivendas sitas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes, así como ás actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas situados nos mesmos, para destinalos a residencia habitual e permanente das persoas propietarias e/ou usufrutuarias ou a alugueiro.
- Persoas beneficiarias
-
Persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dos inmobles situados en concellos de menos de 5.000 habitantes e que acrediten ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM.
No suposto de que as vivendas se vaian a destinar ao alugueiro:
-
non será de aplicación o citado límite de ingresos.
-
só se poderán conceder un máximo de tres axudas por persoa solicitante.
No suposto de que a propiedade ou usufruto do inmoble corresponda a máis dunha persoa, só se admitirá unha solicitude por inmoble.
Non se poderán solicitar axudas para os inmobles xa subvencionados en convocatorias anteriores por este programa.
-
- Actuacións subvencionables
-
-
Obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación de vivendas.
-
Actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas para destinalos a vivenda.
Dentro das actuacións de rehabilitación, enténdense incluídas:
-
as de accesibilidade,
-
conservación,
-
habitabilidade,
-
sustentabilidade
-
eficiencia enerxética das vivendas,
-
actuacións para a medición e a execución de obras que eviten a entrada do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.
Inclúense:
-
os honorarios dos profesionais que interveñan;
-
os informes técnicos e certificados necesarios;
-
os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados.
-
custe da redacción dos proxectos
-
os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.
-
-
- Prazo de execución
-
Será o que se determine na resolución de concesión, sen que poida exceder de 18 MESES.
- Destino das vivendas
-
-
Residencia habitual e permanente das persoas propietarias e/ou usufrutuarias. O requisito do empadroamento comprobarase no momento da xustificación final das obras.
-
Alugueiro: a vivenda incorpórase ao Programa Fogar Vivo. Os contratos de alugamento deben cumprir os seguintes requisitos:
-
Que se sometan á lexislación de arrendamentos urbanos para uso de vivenda habitual e permanente durante todo o tempo do contrato.
-
Que a/s persoa/s arrendataria/s non teña/n vínculo de parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo coa persoa arrendadora.
-
Que teña unha renda mensual durante o primeiro ano de alugamento que non supere os importes previstos para o programa Fogar Vivo, en función do concello en que estea situada a vivenda:
-
Zona Territorial
Importe da renda mensual de alugamento (euros)
Concellos
Zona 4
550
Neda
Cervo
A Rúa, Ribadavia.
Illa de Arousa, , Pontecesures.
Zona 5
450
O resto dos concellos de Galicia.
-
- Contía da subvención
-
-
75% do orzamento protexido das obras
- Límite: 30.000 euros por vivenda
-
- Prazo de presentación de solicitudes
-
Desde as 9.00 horas do 21/01/2026 ata as 14.00 horas do 01/09/2026
- Forma de presentación de solicitudes
-
presencial/ electrónica
- Información
-
-
AREA PROVINCIAL IGVS A CORUÑA ..............................881 881 096 – rehabilitacion.igvs.coruna [at] xunta.gal (rehabilitacion[dot]igvs[dot]coruna[at]xunta[dot]gal)
-
AREA PROVINCIAL IGVS LUGO......................................… 982 294 942 – vpa.igvs.lugo [at] xunta.gal (vpa[dot]igvs[dot]lugo[at]xunta[dot]gal)
-
AREA PROVINCIAL IGVS OURENSE..............................….988 386 268 – igvs.ourense [at] xunta.gal (igvs[dot]ourense[at]xunta[dot]gal)
-
AREA PROVINCIAL IGVS PONTEVEDRA.........................986 805 610 – subvencions.igvs.pontevedra [at] xunta.gal (subvencions[dot]igvs[dot]pontevedra[at]xunta[dot]gal)
-
SERVIZOS CENTRAIS IGVS...............................................…..981 541 982 / 981 957 529
-
Normativa relacionada
RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do programa de axudas de rehabilitación de vivendas no rural e se procede a súa convocatoria para o ano 2026, con carácter plurianual (código de procedemento VI435E)EXTRACTO da RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do programa de axudas de rehabilitación de vivendas no rural e se procede a súa convocatoria para o ano 2026, con carácter plurianual (código de procedemento VI435E)CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do programa de axudas de rehabilitación de vivendas no rural e se procede a súa convocatoria para o ano 2026, con carácter plurianual, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento VI435
Documentos relacionados
ANEXO VI concellos de menos de 5.000 habitantesCadro resumo