Programa de Avais para a adquisición de vivenda (VI402B)
Os datos que figuran a continuación son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.
- Obxecto
-
O Programa de avais para adquisición de vivenda ten por obxecto prestar unha cobertura temporal e financeira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda por aquelas persoas, que na data de presentar a correspondente solicitude teñan menos de trinta e seis anos. O límite de idade non será de aplicación no caso de tratarse da adquisición dunha vivenda cualificada definitivamente como vivenda de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado.
O programa xestionarase en colaboración coas entidades financeiras, con oficinas abertas ao público en Galicia, que se adhiran a el.
- Persoas beneficiarias. Requisitos
-
-
Para ser persoa beneficiaria é preciso que na data de presentación da solicitude, concorran os seguintes requisitos:
-
Nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da Unión Europea. Persoas estranxeiras con autorización de estancia ou residencia en España.
-
Maiores de idade e menores de 36 anos. No suposto de adquirir a vivenda por mais dunha persoa, todas elas deberán ter menos de 36 anos.
O límite dos 36 anos non será de aplicación cando se trate da adquisición dunha vivenda protexida.
-
Estar empadroado en Galicia. No suposto de adquirir a vivenda por mais dunha persoa, todas elas deberán estar empadroadas en Galicia.
-
Ingresos mínimos 2 veces o IPREM e ingresos máximos de 5,5 veces o IPREM. No suposto de adquirir a vivenda por máis dunha persoa, a suma dos seus ingresos non poderá superar a porcentaxe máxima de 6,5 veces el IPREM.
Os datos fiscais a ter en conta serán os correspondentes ao período impositivo con prazo de presentación vencido na data da solicitude.
Para a valoración das solicitudes utilizarase o valor do último IPREM publicado na data da solicitude.
-
-
Así mesmo, para a obtención do aval é preciso que concorran os seguintes requisitos:
-
Que a vivenda para que se outorga a garantía estea situada na Comunidade Autónoma de Galicia e vaia a ser destinada a ser a residencia habitual e permanente da/s persoa/s adquirente/s durante, cando menos, todo o período en que estea vixente a garantía.
-
Que o prezo de adquisición da vivenda, sen os gastos e tributos correspondentes, non supere os prezos indicados a continuación, segundo a zona territorial do concello no que se localice a vivenda:
-
Concellos correspondentes ao ámbito territorial de prezo máximo superior: 260.000 euros.
-
Concellos correspondentes á zona territorial 1: 210.000 euros.
-
Concellos correspondentes á zona territorial 2: 180.000 euros.
-
-
-
Non se outorgará a garantía cando a vivenda que se pretende adquirir non vaia a constituír a primeira vivenda en propiedade da/s persoa/s adquirente/s. Tampouco se outorgará o aval cando a/s persoa/s adquirente/s sexan propietarios/as ou usufrutuarios/as dunha vivenda en territorio español agás as excepcións recollidas nas bases reguladoras.
-
- Adquisición dunha vivenda protexida
-
-
A vivenda debe posuír a cualificación definitiva como vivenda de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado na data de presentación da solicitude.
-
Ás persoas solicitantes e demais adquirentes non lles será de aplicación o límite de idade de 36 anos,mais debe ser adquirente ou adxudicataria dunha vivenda protexida, en primeira ou sucesivas transmisións, e ter acreditado no correspondente expediente o cumprimento dos requisitos de acceso a unha vivenda protexida exixidos pola normativa reguladora destas vivendas.
-
O requisito dos ingresos será o que se determine na correspondente normativa reguladora da vivenda protexida.
-
O prezo máximo de adquisición da vivenda será o previsto na cualificación definitiva.
-
- Garantía
-
-
Ata un 20% do prezo adquisición, ou o seu valor de taxación, no suposto de que este sexa menor.
Cando a operación de financiamento con garantía hipotecaria sexa por un importe inferior ao prezo de adquisición da vivenda ou, de ser o caso, do seu valor de taxación, no suposto de que este sexa menor, a garantía prestarase ata un 20% do importe da operación de financiamento con garantía hipotecaria.
-
Para a adquisición da primeira vivenda en propiedade.
-
Quedará automaticamente sen efecto no momento no que os pagamentos do principal alcancen o importe avalado.
-
Carácter finalista: o importe do préstamo avalado debe destinarse ao pagamento do prezo da vivenda financiada.
-
- Solicitude do aval
-
-
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
-
A solicitude, debidamente cuberta, deberá dirixirse á Dirección Xeral do IGVS.
-
Nos supostos de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, deberá presentarse unha única solicitude, na cal se identificarán todas as que pretenden actuar como compradoras.
-
- Prazo de presentación de solicitudes
-
Desde o 13/03/2026 ás 9:00 ata o 30/10/2026 ás 14:00 e, en todo caso, no momento de esgotamento do importe máximo de avais a conceder no ano 2026, que se fixa en cinco millóns de euros.
- Entidades financeiras adheridas ao programa
-
- ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA
- CAIXA RURAL GALEGA
- UNICAJA
- BANCO DE SABADELL
Normativa relacionada
Documentos relacionados