ARI de San Roque

Área de Rehabilitación Integral
Vigo

O barrio de San Roque en Vigo, componse de dúas zonas divididas pola Avenida de Madrid:

  • A zona norte do ámbito está delimitada ao sur pola rúa Amador Montenegro, ao oeste polo Colexio Fogar, ao norte pola rúa Cedro e ao leste polo camiño ao Pazo de San Roque.
  • A zona sur do ámbito está delimitada ao sur pola rúa do Carballo e ao oeste, norte e leste por parcelas privadas.

A superficie total é de 27.058,57 m² onde tamén están incluídas a superficie de viario, zonas libres e equipamentos públicos interiores ao ámbito.

Esta Ari de ámbito descontinuo, declarada o 2 de xuño de 2021 comprende 271 vivendas agrupadas en 53 edificios.

Imaxe aérea

© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.