ARI rural das Neves
O plan vixente é o Plan Xeral de Ordenación Urbana das Neves, aprobado definitivamente por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13.11.1999, e publicado no DOG de 16.02.2000 e no BOP de Pontevedra de 12.01.2000.
Esta área foi declarada o 6 de febreiro de 2025. Trátase dunha Ari de ámbito descontino formado polas seguintes delimitacións:
- Unha área que inclúe a vivenda de maior interese dentro da delimitación do chan urbano do PXOM das Neves. Inclúe 90 edificacións dos que 75 teñen uso residencial e un total de 113 vivendas.
- Unha zona que recolle o núcleo do Barrio da Estación do ferrocarril, na parroquia de Santa María das Neves. Inclúe 33 edificacións das que 25 teñen uso residencial e un total de 25 vivendas.
O número total de vivendas incluídas na Ari das Neves é de 138 vivendas nun total de 123 edificios incluídos entre os dous ámbitos, dos que 100 teñen uso residencial prioritario ou exclusivo.
A superficie total do ámbito é de 89.548,38 m² dos cales 20.667 m² corresponden á superficie das edificacións que teñen uso residencial no ámbito do núcleo urbano das Neves e 6.221 m² é a superficie das edificacións que teñen uso residencial no núcleo da Estación.
© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.