Meicende - O Petón en Arteixo
Área de Rehabilitación Integral
O ámbito da Ari ocupa unha superficie de 63.091 m2 que abrangue o solo clasificado polo planeamento municipal como solo urbano consolidado con cualificación de uso global residencial, incorporando os asentamentos orixinais de Sobrado, Meicende e Torroal, mesmo a primeira expansión que deu lugar ao Barrio do Petón.
Esta área foi declarada o 6 de febreiro de 2025 e nela sitúanse 343 vivendas nun total de 154 edificios residenciais, dos cales 96 son de vivenda unifamiliar de tipo tradicional anteriores aos anos 50 do pasado século e 58 plurifamiliares entre medianeiras dos anos 60, 70 e 80.
© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.