Volver ao contido

Portal IGVS

Vivendas de titularidade municipal

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo empresarial Solo residencial Edificación e calidade
    Vivenda Rehabilitación Fondos EU. Next Generation
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia Observatorio do solo empresarial de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Rehabilitación
    • Axudas
    • Solo empresarial
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
  • Axudas destinadas a concellos
    • Actuacións IGVS
    • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Axudas destinadas a concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
    • Áreas Rexurbe
    • Axentes colaboradores
    • Rehabilitación barrios
  • Vivendas de titularidade municipal
    • Fondo de cooperación
    • Vivendas de titularidade municipal
    • Infravivenda
    • Áreas Rexurbe
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI
volver Volver
  • Axudas destinadas a concellos
    • Fondo de cooperación
    • Vivendas de titularidade municipal
    • Infravivenda
    • Áreas Rexurbe
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI

REHABILITACIÓN

REHABILITACIÓN DE EDIFICACIÓNS E VIVENDAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL (VI422F)

Escoitar
altavoz readspeaker
28/02/2022
  • Compartir

A Lei de vivenda de Galicia dispón que o patrimonio inmobiliario residencial será obxecto de atención prioritaria. O Pacto de Vivenda de Galicia 2021-2025, formulado no seo do Observatorio de Vivenda de Galicia e asinado en data 22/01/202 establece, no seu Eixo primeiro, Programa 3 e acción 1 a implementación dun programa para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugueiro social.
Moitos concellos de Galicia dispoñen dun patrimonio edificatorio que pode ser obxecto dun uso residencial mediante as oportunas actuacións de rehabilitación. Por outra banda, o proceso de despoboamento da zona rural fai necesaria unha política encamiñada a fixar poboación nestas zonas, sendo a vivenda unha necesidade básica para este cometido.

Persoas beneficiarias

Concellos de Galicia de menos de 20.000 habitantes para que poidan rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugueiro social, e as adxudiquen, en réxime de alugamento, a unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples.

Solicitude das axudas

A solicitude da axuda deberá realizala o concello, que garantirá a dispoñibilidade de fondos para cubrir o 10 por cento adicional do presuposto necesario para a actuación prevista,

Actuacións subvencionables

1. Consideraranse actuacións subvencionables a execución de obras de rehabilitación en edificacións e en vivendas de titularidade municipal que garantan o cumprimento dos requisitos básicos de funcionalidade, seguranza, habitabilidade e/ou a accesibilidade. Entre as condicións de habitabilidade poderanse contemplar a execución de medidas que eviten a entrada no edificio do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

2. As actuacións subvencionables incluirán, para os efectos de determinación do custo total das obras, as seguintes actuacións preparatorias: os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Tamén será subvencionables os gastos xerais de estrutura que inciden sobre o contrato, de conformidade co artigo 131 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas: gastos xerais e beneficio industrial. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.

Non obstante o anterior, non se aboarán as facturas correspondentes as obras executadas con anterioridade ao ano natural en que se publique a resolución de convocatoria. Exceptúanse as facturas correspondentes a actuacións preparatorias, as referidas a acopios de material previos e/ou a pagamentos anticipados nos que a execución de obra se realice, igualmente, no ano natural en que se publique a resolución de convocatoria.

Requisitos das actuacións subvencionadas

- Que todas as actuacións a realizar se axusten á normativa técnica e urbanística en vigor e cumpran a normativa vixente en materia de habitabilidade e funcionalidade.
- Que as actuacións non estean rematadas á data da presentación da solicitude.
- Que o número de vivendas resultantes da actuación de rehabilitación non sexa superior ao número de demandantes de vivendas inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia nese concello na data da presentación da correspondente solicitude de subvención.
As obras terán que garantir os requisitos básicos de funcionalidade, seguranza, habitabilidade e/ou accesibilidade, asi como a execución de medidas para evitar a entrada do gas radon ou faciliten a súa eliminación.

Contía das axudas

As axudas poderán acadar ata o 90% do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 40.000 euros por vivenda rehabilitada, ou de 48.000 euros, no caso de vivendas situadas no ámbito histórico ou dos Camiños de Santiago. No suposto de que a edificación a rehabilitar estivera situada nun ámbito declarado Área Rexurbe, as citadas con cantidades incrementaranse en 2.000 euros por vivenda.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución resolución de convocatoria no DOG e rematará o día 01 de xuño de 2022 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicada no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Normativas relacionadas

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2022 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2022 (códigos de procedemento VI422F e VI406A)
RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugamento social (DOG numero 5, 11 de xaneiro de 2021)

Documentos relacionados

  • Cadro resumo de axuda

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO EMPRESARIAL

  • Plans e proxectos de solo empresarial
  • Adquisición de solo empresarial
  • Alleamento de solo empresarial

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas Deposito de fianzas
Solo empresarial en Galicia - Xestur Solo empresarial en Galicia - Xestur
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Facebook
Twitter
Youtube
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal