Volver ao contido

Portal IGVS

Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Rehabilitación
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
    • Actuacións IGVS
    • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Axudas destinadas a concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
    • Áreas Rexurbe
    • Axentes colaboradores
    • Rehabilitación barrios
volver Volver
  • Rehabilitación
    • Actuacións IGVS
    • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Axudas destinadas a concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
      • ARI xestionadas por concellos
      • ARI supramunicipais
    • Áreas Rexurbe
    • Axentes colaboradores
    • Rehabilitación barrios

REHABILITACIÓN

Áreas de rehabilitación integral

Escoitar

As Áreas de Rehabilitación conforman a base principal das actuacións de rehabilitación en contornos urbanos por parte do IGVS. Para isto é fundamental a colaboración dos concellos.

As Áreas de Rehabilitación teñen por obxecto a intervención sobre un conxunto de edificacións con usos residenciais que se atopan en situación de deterioro, tanto no medio urbano coma no rural, para os efectos de mellorar a habitabilidade das vivendas situadas nos centros urbanos, conxuntos históricos, cuarteiróns, ou barrios, municipios rurais ou núcleos singulares, de tal xeito que melloren a calidade de vida dos seus habitantes, satisfagan as necesidades de vivenda da cidadanía e supoñan unha recuperación do patrimonio edificado e de espazos urbanos ou rurais.
Fri Jun 11 16:55:00 CEST 2021
  • Compartir
Áreas de rehabilitación integral - ARI

Áreas de rehabilitación integral - ARI

Acceder

Declaración:

As Áreas de Rehabilitación Integral declararanse por resolución da Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo, a petición dos concellos interesados en que se declare unha área no seu territorio.Poderán tamén declararse de oficio polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, cando a área comprenda máis dun concello e motivos de interese arquitectónico, cultural ou social así o aconsellen.

Procedemento:

A solicitude de declaración de ARI ven regulada no Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 38, do 25 de febreiro). Este decreto establece no seu artigo 8 o procedemento para a declaración dunha nova ARI. Nesta guía recollense as previsións contidas na Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia (DOG nº 83, do 2 de maio de 2019).

O procedemento de declaración a instancias do concello iniciarase mediante unha solicitude dirixida á Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo(en diante IGVS) acompañada da seguinte documentación:

  • a) Certificado de acordo do concello que aproba a solicitude da declaración de área de rehabilitación integral, conforme a clasificación prevista no artigo 9 do decreto 18/2014.
  • b) Delimitación do ámbito proposto, determinación do planeamento vixente e parámetros urbanísticos polos que está afectada a área proposta.
  • c) Compromiso do concello para crear ou manter una oficina municipal de rehabilitación, con medios suficientes, para a xestión e o impulso de actuacións de rehabilitación no ámbito.
  • d) Memoria explicativa na que se recollan os seguintes aspectos:
    1. Obxectivos que se pretenden coa declaración proposta e indicadores de seguimento que permitirán analizalos.
    2. Relación das rúas comprendidas dentro do ámbito.
    3. Número total de edificios e vivendas no ámbito.
    4. Número de edificios e vivendas susceptibles de rehabilitación.
    5. Análise do proceso de degradación física, social e ambiental que clarifique a necesidade da declaración de ÁRI proposta, tales como o envellecemento demográfico, perda de poboación, abandono de actividades económicas ou baixo nivel de ingresos das persoas residentes.
    6. Avaliación do nivel de deterioro de edificios e vivendas no ámbito.
    7. Avaliación do custo estimado das actuacións de rehabilitación previstas de edificios e vivendas.
    8. De ser o caso, proposta de actuacións de urbanización – reurbanización para impulsar a rexeneración do ámbito e avaliación dos seus custos.
    9. De ser o caso, plan de realoxo temporal a súa programación e custo económico.
    10. Planos xeoreferenciados coa delimitación da Área de Rehabilitación Integral solicitada. Escala 1:500.

Unha vez tramitadas as solicitudes admitidas, por resolución da persoa titular da presidencia do IGVS declárase a ARI.

Clases de Áreas de Rehabilitación Integral:

As ARI clasifícanse nas seguintes categorías:

  1. ARI de conxuntos históricos:

Son as ARI que o seu ámbito comprende un conxunto histórico que teña declaración de ben de interese cultural ou estea integrado como tal no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia e que conte cun plan especial de protección. Neste suposto, o ámbito delimitado deberá ter como mínimo 50 vivendas.

  1. ARI rurais:

Son as ARI que se declaren en concellos menores de 5.000 habitantes e a súa configuración sexa predominantemente rural. Neste suposto, o ámbito delimitado deberá ter como mínimo 20 vivendas.

  1. ARI de ámbito urbanos:

Son as ARI que non pertenzan a ningunha das categorías consideradas nos puntos anteriores. Neste suposto, o ámbito delimitado deberá ter como mínimo 50 vivendas.

Por resolución da persoa titular da Presidencia do IGVS poderán modificarse os límites mínimos de vivendas de cada clase, sempre que as características do ámbito que se vai delimitar así o xustifiquen, pola tipoloxía das súas edificacións, polo interese arquitectónico específico do conxunto e polo grado de deterioración das edificacións, unido a baixos niveis de renda das persoas titulares das vivendas ou á extensión do ámbito catalogado polo planeamento.

No suposto de que se pretenda declarar unha ARI para acollerse ao financiamento estatal dos plans de vivenda, deberán cumprirse os límites mínimos de vivendas e demais requisitos establecidos no correspondente real decreto regulador do plan.

No suposto de que o Ministerio de Fomento esixa máis documentación sobre a ARI que se declare, esta se pediría ao concello e se xuntaría para a sinatura do acordo bilateral de financiamento con participación do concello.

A xestións das ARI realizarase polo concello no que se atopen en coordinación e baixo as directrices do IGVS, en canto ás actuacións subvencionables, aos procedementos de cualificacións das actuacións e, se é o caso, aos de concesión de axudas que sexan de competencia deste organismo.

Web das áreas de rehabilitación

Documentos relacionados

  • Aris declaradas
  • ARI dos Camiños de Santiago
  • Guía Declaración - Tramitación dunha nova ARI
  • ARI xestionadas por concellos
  • ARI supramunicipais

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal