SOLO RESIDENCIAL
Plans ou proxectos de parques residenciais
- Compartir
Coa necesidade de programar as necesidades de solo productivo para a comunidade autónoma de Galicia, dende a Dirección Técnica de Solo estase a tramitar instrumentos de ordenación do territorio recollidos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e regulamentada polo Decreto 80/2000, de 23 de marzo: Plans e proxectos sectorias de incidencia supramunicipal.
Con esta premisa ponse en marcha a redacción e tramitación do Plan Sectorial de Ordenación de Areas Empresarias na Comunidade Autónoma de Galicia que ordenará superficie de solo empresarial para poder desenvolver ata o ano 2024, partindo cos seguintes obxectivos fundamentais:
Cuantificar e localizar a superficie necesaria de solo empresarial que debe urbanizarse no ano horizonte do Plan Sectorial, para cubrir as necesidades da demanda estimada.
Definir os ámbitos do territorio susceptibles de acoller actuacións de carácter empresarial para cubrir a longo prazo as necesidades de solo empresarial derivadas da aplicación das Directrices de Ordenación do Territorio, mediante o estudo da capacidade de acollida do territorio para actividades empresariais.
Por outra banda, facilítase tamén aos empresarios o solo dispoñible nas catro provincias galegas promovidas polas Xestures e o IGVS para que poidan desenvolver os seus proxectos o máis axiña posible.