Volver ao contido

Portal IGVS

Fondos EU. Next Generation

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo empresarial Solo residencial Edificación e calidade
    Vivenda Rehabilitación Fondos EU. Next Generation
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia Observatorio do solo empresarial de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Fondos EU. Next Generation
    • Axudas
    • Solo empresarial
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
volver Volver
  • Áreas
    • Axudas
    • Solo empresarial
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
      • Programas Next Generation
      • Simulador de axudas IGVSNextCal
      • Outros Programas Europeos

FONDOS EUROPEOS. NEXT GENERATION

Presentación. Fondos Europeos. Next Generation

Escoitar
altavoz readspeaker
14/03/2022
  • Compartir

Entre os Fondos Comunitarios do presuposto da UE revisten un papel moi significativo os denominados recursos estruturais. Estes recursos son os denominados Fondos Estruturais Europeos e tamén o Fondo de Cohesión.

Estes fondos atenden á finalidade de favorecer un maior grao de cohesión económica e social no espazo comunitario, a través do cofinanciamento das políticas de gasto público desenvolvidas polos estados-membros e dirixidas á consecución do devandito obxectivo.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) actualmente cofinancia con axuda destes fondos diferentes proxectos cuxos eixes principais se centran na eficiencia enerxética e a redución de emisións de carbono, relacionados cos eixes principais, das Directivas Europeas a través dos distintos programas operativos.

 

Plan de recuperación, transformación e resiliencia

A aparición da pandemia do COVID-19 a comezos de 2020 tivo un importante impacto sobre a economía española, poñendo fin a máis de cinco anos de crecemento e levando a unha caída de actividade en moitos dos sectores económicos, algo ao que Galicia non é allea.

Adoptáronse medidas de apoio a empresas e familias, entre as que se enmarca o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado a través dos novos instrumentos comunitarios de financiación Next Generation EU.

O plan artellase en catro eixes: transición ecolóxica, transformación dixital, cohesión social e territorial e igualdade de xénero.

Estes eixes desenvólvense en 10 políticas palanca que á súa vez se dividen en varios compoñentes.

A primeira das políticas palanca é a denominada “Axenda urbana e rural, loita contra o despoboamento e desenvolvemento da agricultura”. A segunda compoñente da mesma é a que se desenvolve neste informe: “Plan de rehabilitación de vivenda e rexeneración urbana”.

As actuacións en materia de vivenda do plan reguláronse polo Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Ademais, o programa denominado PREE 5000 foi regulado polo Real Decreto 691/2021, de 3 de agosto, polo que se regulan as subvencións a outorgar a actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, en execución do Programa de rehabilitación enerxética para edificios existentes en municipios de reto demográfico (Programa PREE 5000), incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como a súa concesión directa ás comunidades autónomas.

Finalmente, o Real Decreto-lei 19/2021, de 5 de outubro, de medidas urxentes para impulsar a actividade de rehabilitación edificatoria no contexto do Plan de recuperación, Transformacións e Resiliencia (BOE 6/10/2021) establece medidas fiscais e unha liña de avais a través do ICO

Programas xestionados polo IGVS

Programas

Subprogramas

1.- Programa de rehabilitación para a recuperación económica e social en contornas residenciais

1.- Programa de axuda á rehabilitación a nivel de barrio

2.- Programa de apoio ás oficinas de rehabilitación

3.- Programa de axudas ás actuacións a nivel de edificio

4.- Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas

5.- Programa de axuda á elaboración do libro do edificio e a redacción de proxectos de rehabilitación

2.- Programa de construción de vivendas de alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes

 

3.- Programa de rehabilitación enerxética de edificios

Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (PREE)

4.- Programa de transición enerxética e reto demográfico

Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (PREE 5000)

 

Ligazóns relacionados

  • Guía de axudas a obras de rehabilitación de eficiencia enerxética
  • Programas Next Generation
  • Simulador de axudas IGVSNextCal
  • Outros Programas Europeos

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO EMPRESARIAL

  • Plans e proxectos de solo empresarial
  • Adquisición de solo empresarial
  • Alleamento de solo empresarial

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas Deposito de fianzas
Solo empresarial en Galicia - Xestur Solo empresarial en Galicia - Xestur
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Facebook
Twitter
Youtube
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal